Juan Fernández García
político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Juan Fernández e Xoán Fernández.
Juan José Fernández García, nado en Covas (Ferrol) o 18 de agosto de 1940, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1940 ![]() Ferrol, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarÉ enxeñeiro naval e mariño na reserva. Traballou na E.N. Bazán (actual Navantia), entre os anos 1970 e 1983, acadando o cargo de Director de Proxectos do estaleiro. Foi presidente do OAR Ferrol de 1960 a 1994. Foi deputado no Parlamento Galego en 1989 e desempeñou o cargo de conselleiro de Industria na Xunta de Galicia polo Partido Popular. En 1995 creou un novo partido político, IF (Independientes por Ferrol), co que obtivo 5 concelleiros nas eleccións municipais e despois foi tenente de alcalde do concello de Ferrol entre os anos 2003 e 2007.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha en Vieiros Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
Predecesor: Santos Oujo Bello |
Conselleiro de Industria e Comercio 1990 - 1994 |
Sucesor: Antonio Couceiro |