Juan Antonio Pérez Rodríguez
militar galego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
José Antonio Pérez Rodríguez, nado en Ferrol o 13 de xullo de 1919 e finado en Madrid o 21 de xullo de 1978,[1]foi un militar galego, asasinado por ETA.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1919 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 21 de xullo de 1978 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Traxectoria
editarAlistouse como voluntario na infantaría da Mariña Española en 1937, no bando nacional. Ascendeu a tenente de Artillaría en 1947, a capitán en 1959 e posteriormente ao grao de comandante en 1961. En 1974 conseguiu o grao de tenente coronel.
Polo seu traballo era asistente do xeneral de brigada Juan Manuel Sánchez-Ramos Izquierdo. Tanto el como o xeneral de brigada foron tiroteados á porta da casa deste, na rúa Bristol do nordeste da cidade de Madrid, por dúas persoas. Anos despois, foi detido e condenado un home polo crime.
Galardóns e condecoracións
editar- Real e Militar Orde de San Hermenexildo
- Cruz Vermella do Mérito Militar
- Cruz de Guerra
Notas
editar- ↑ "Sepelio del teniente coronel Pérez Rodríguez". El País. 24 de xullo de 1978.