Juan Andrés Arango
Juan Andrés Arango García, nado en Bogotá o 19 de setembro de 1976, é un director colombiano canadense.[1] O seu primeiro filme, La playa DC, estreuse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012, e foi escollido como candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme internacional na 86ª edición dos premios.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Andrés Arango García ![]() 19 de setembro de 1976 ![]() Bogotá, Colombia ![]() |
Educación | Universidade Concordia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarNado en Bogotá, Colombia,[2] criouse principalmente en Montreal, Quebec e graduouse en cinema na Universidade Concordia en 2006.[3]
O seu segundo filme, X500, estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2016.[4]
En 2019 foi un dos sete directores, xunto a Kaveh Nabatian, Sophie Goyette, Sophie Deraspe, Karl Lemieux, Ariane Lorrain e Caroline Monnet que participou na antoloxía The Seven Last Words (Les sept dernières paroles).[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Juan Andres Arango, Director of Colombian Oscar Entry, Preps ‘X Quinientos’". Variety, 3 de decembro de 2012.
- ↑ "On revient toujours à Bogotá". Le Devoir, 5 de maio de 2014.
- ↑ "Un Montréalais en sélection officielle à Cannes". Le Devoir, 19 de abril de 2012.
- ↑ "Dolan leads the Quebec contingent at TIFF". Montreal Gazette, 4 de agosto de 2016.
- ↑ Justine Smith, "Anthology film The Seven Last Words is unified by music and human vulnerability". Cult MTL, 14 de xuño de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Juan Andrés Arango na IMDb (en inglés).