Juan Aguirre
Juan Vicente García Aguirre, nado en Donostia (Guipúscoa) o 11 de febreiro de 1970, é un guitarrista español, compoñente do conxunto zaragozano Amaral.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan-Vicente García Aguirre ![]() 11 de febreiro de 1969 ![]() Donostia, España ![]() |
Outros nomes | Juan Aguirre ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico, guitarrista ![]() |
Período de actividade | 1990 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Pop rock ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Compañeiro profesional | Eva Amaral: Amaral ![]() |
Participou en | |
18 de decembro de 2014 | Merecemos otro Madrid... ¡Y vamos a conseguirlo! (en) ![]() ![]() |
Sitio web | amaral.es… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarViviu os seus primeiros anos no barrio de Gros de Donostia, e despois marchou a Zaragoza. Foi guitarrista nunha banda de Pop-Rock de matices psicodélicos chamada Días de vino y rosas, que editou só un disco no ano 1990, de nome homónimo ao grupo.
En 1993 coñece a Eva Amaral, con quen forma o grupo Amaral. Durante 5 anos, adícanse a compoñer e tocar en pequenas salas de Zaragoza. Até 1997, trasládase xunto a Eva a Madrid, e ese mesmo ano firman con Virgin-EMI para gravar o seu primeiro material discográfico. Ao ano seguinte, sae ao mercado o primeiro álbum do grupo, titulado Amaral.
Ata a actualidade gravaron cinco discos con grande éxito, converténdose nun dos grupos españois de maior éxito dentro e fóra das nosas fronteiras. Durante a xira de Pájaros en la cabeza, Juan tamén cantaba. Concretamente "Tardes", que foi composta por el e incluída no primeiro disco. No 2008, Eva e Juan versionaron "A Hard Rain's a-Gonna Fall" de Bob Dylan, canción promocional para a exposición internacional que se celebrará en Zaragoza. A súa versión chámase "Llegará la tormenta".
Discografía
editarÁlbums
editar* | Amaral | (1998) |
* | Una pequeña parte del mundo | (2000) |
* | Estrella de mar | (2002) |
* | Pájaros en la cabeza | (2005) |
* | Gato negro◆Dragón rojo | (2008) |
DVDs
editar* | El comienzo del Big Bang | (2005) |