Joseph Kittinger
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Joseph William Kittinger II, nado en Tampa o 27 de xullo de 1928 e finado en Florida o 9 de decembro de 2022,[1] foi un aviador e oficial da Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi famoso pola súa participación no Proxecto Manhigh e o Proxecto Excelsior e tamén por ser o primeiro home en cruzar en solitario o océano Atlántico nun globo de gas.
Traxectoria
editarMocidade e carreira militar
editarKittinger naceu en Tampa (Florida), formouse no Bolles School en Jacksonville e na Universidade de Florida. Tras participar en carreiras de lanchas motoras sendo adolescente e posteriormente completar o seu adestramento en aviación, uniuse á USAF en marzo de 1950. Foi asignado á 86ª Á de Cazabombarderos con base en Ramstein na Alemaña Occidental.
En 1954 foi transferido á base aérea de Holloman en Novo México e ao Centro de Desenvolvemento de Mísiles da Forza Aérea (AFMDC). Kittinger voou nun avión de observación para seguir a zorra foguete do coronel John Stapp, que en 1955 alcanzou 1.017 km/h. En 1957, como parte do proxecto Manhigh, alcanzou unha nova marca de altitude en 29.500 m e recibiu a Cruz de Voo Distinguido.
Proxecto Excelsior
editarComo capitán, Kittinger foi asignado aos Laboratios de Investigación Médica Aeroespacial na base aérea de Wright-Patterson en Dayton (Ohio). Para o Proxecto Excelsior, como parte da investigación de saltos a grandes altitudes, realizou unha serie de tres saltos en paracaídas, levando un traxe presurizado, desde un globo de helio cunha góndola aberta.
O primeiro salto realizouse en novembro de 1959 desde 23.287 m (76.400 pés). O saltou case acaba en traxedia debido a fallos no equipo, o que lle causou a perda da consciencia, pero o paracaídas automático salvoulle. Tres semanas máis tarde saltou de novo desde 22.769 m (74.700 pés).
O 16 de agosto de 1960, Kittinger realizou o seu último salto desde o Excelsior III a 31.300 m (102.800 pés). Durante unha caída libre de 4 minutos e 36 segundos alcanzou unha velocidade máxima de 988 km/h antes de abrir o seu paracaídas a 5.500 m de altitude. A presurización da súa luva dereita fallou durante o ascenso que lle provocou unha inchazón. Kittinger conseguiu as marcas de maior ascenso en globo, salto en paracaídas de maior altitude, caída libre máis longa e maior velocidade dun home na atmosfera.Joseph W. Kittinger, Jr., Col (Ret), USAF (en inglés)
Polos saltos, Kittinger recibiu unha condecoración de Folla de Carballo á súa Cruz de Voo Distinguido e o premio Harmon Trophy por parte do presidente Eisenhower.
Carreira posterior
editarDe regreso á base Holloman, Kittinger formou parte do Proxecto Stargazer, os días 13 e 14 de decembro de 1962. Kittinger e o astrónomo William C. White, subiron nun globo a 25.055 m (82.200 pés) e realizaron observacións durante máis de dezaoito horas.
Posteriormente, realizou tres períodos de servizo durante a Guerra de Vietnam, realizando un total de 483 misións, as dúas primeiras veces como comandante dos avións A-26 Invader. Na terceira vez, como voluntario entre 1971 e 1972, foi comandante dos F-4 Phantom do 555º Escuadrón Táctico de Cazas e logo converteuse no vicecomandante da 432ª Á de Recoñecemento Táctico. Kittinger foi derrubado durante un encontro cun MiG o 11 de maio de 1972 e estivo como prisioneiro de guerra durante once meses na prisión de Hoa Loa (máis coñecida como Hanoi Hilton).
En 1978 retirouse como coronel e comezou a traballar para Martin Marietta. O seu interese no voo en globo continuou, gañando a Copa Gordon Bennett en tres ocasións (1982, 1984 e 1985) e completando a primeira viaxe en solitario sobre o Atlántico desde o 14 ao 18 de setembro de 1984. En 1961, Kittinger escribiu un libro titulado The Long, Lonely Leap.
En 1997, Kittinger entrou no Salón da Fama da Aviación Nacional en Dayton.[2] Kittinger viviu na zona de Orlando e foi vicepresidente de operacións de voo para Rosie Ou'Grady's Flying Circus.
Notas
editar- ↑ Goldstein, Richard (9 de decembro de 2022). "Joseph Kittinger, a Record-Setter High in the Skies, Dies at 94". The New York Times. Consultado o 9 de decembro de 2022.
- ↑ Joseph Kittinger, Jr. en National Aviation Hall of Fame Arquivado 05 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Kittinger |
Bibliografía
editar- Ryan, Craig (1995). The Pre-Astronauts: Manned Ballooning on the Threshold of Space. Naval Institute Press. ISBN 1-55750-732-5.
- Sherwood, John Darrell (2000). Fast Movers: America's Jet Pilots and the Vietnam Experience. St Martin's Press. ISBN 0-312-97962-2.
- Rumerman, Judy. Joseph Kittinger, U.S. Centennial of Flight Commission (en inglés).
Ligazóns externas
editar- Joe Kittinger Jr. naweb oficial da USAF (en inglés)
- The 20-Mile FallArquivado 04 de maio de 2007 en Wayback Machine. en TIME (en inglés)
- Video "First man In Space - Skydiving from the edge of the world" en Google Video (en inglés)
- First Man in Space - Skydiving From The Edge Of The World en YouTube