Josep Mercader Bosch
Josep Mercader Bosch, nado en Vidreres (provincia de Xirona) o 6 de agosto de 1957, é un exfutbolista catalán que xogaba na demarcación de centrocampista.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1957 ![]() Vidreres, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1980 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, chegando a debutar co filial do equipo catalán. Porén, foi cedido unha tempada ao CE Sabadell e finalmente traspasado en 1981 ao Celta de Vigo de Segunda División. No equipo galego trascorreu a maior parte da súa carreira.
No seu primeiro ano tivo un papel protagonista na tempada que rematou co ascenso do equipo a Primeira División. Porén, xa a comezos do ano de regreso lesionouse xunto con outro dos puntais do equipo, o brasileiro Ademir, o que levou ao equipo de novo a Segunda División.
Ao ano seguinte convértese no máximo goleador do equipo pero non acada o ascenso, obxectivo que si que se conseguiu na tempada 1984/85. Porén, Mercader foi perdendo peso no equipo en favor doutros xogadores.
En 1986 fichou polo Cartagena FC e ao ano seguinte volveu a Cataluña fichando polo Palamós CF. Retirouse xogando no Girona FC.