Josep Bernat i Baldoví
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Josep Bernat i Baldoví, nado en Sueca o 19 de marzo de 1809 e finado o 1 de xaneiro de 1864, foi un escritor e poeta valenciano, célebre fundamentalmente polos seus sainetes. A súa obra máis coñecida é o sainete satírico-erótico El virgo de Vicenteta.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1809 ![]() Sueca, España ![]() |
Morte | 31 de decembro de 1864 ![]() Valencia, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valencia ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | escritor, poeta, político ![]() |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Bernat Baldoví (José), p.46) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou nas Escolas Pías e cursou Dereito na Universidade de Valencia. Aos 24 anos tivo un primeiro acceso de xordeira, enfermidade que o acompañou ata a morte e lle valeu o alcume de "Lo Sord" (O Xordo). No 1844 foi elixido deputado das Cortes Valencianas para Sueca e máis tarde, alcalde. Viviu algúns anos en Madrid, onde colaborou en periódicos humorísticos; unha parte desta produción en castelán foi recollida en El Sueco (1859). En catalán colleitou unha literatura sen pretensións cultas, satírica e marcadamente dialectal na linguaxe, que obtivo unha grande audiencia. Con José M. Bonilla e Pasqual Pérez i Rodríguez redactou os semanarios La Donsaina (1844), El Tabalet e El Sueco (1847).
Foi autor dos primeiros libros de falla (1855) e é considerado o iniciador do teatro popular valenciano, con obras como El gafaüt, Qui tinga cucs, que pele fulla, El virgo de Vicenteta, Pataques i caragols, La tertúlia de Colau, L'agüelo Pollastre etc. En castelán escribiu o drama Los pastores de Belén. Deixou escritos tamén algúns milagres para as representacións tradicionais da festa de San Vicente Ferrer: El mocador e La Fealdat i L’Hermosura. Os seus escritos reflicten o problema económico do agro valenciano durante a primeira metade do século XIX e transpiran un escepticismo irónico polo que respecta ás institucións constitucionais e administrativas da época
Obras
editar- L'agüelo Pollastre
- Batiste Moscatell o la Mona de Pasqua
- Col·lecció de quadres
- Un ensaio fet en regla o Qui no té la vespra, no té la festa
- Un fandanguet en Paiporta
- El Gafaüt
- Jeroni i Bartoleta o la viuda i l'escolà
- La lletjor i la bellesa, miracle
- El mocador, miracle
- El Virgo de Vicenteta i l'alcalde de Favara o El parlar bé no costa un patxo
- Pasqualo i Vicenteta o El tribunal de Favara
- Qui tinga cucs, que pele fulla o Obedecer al que manda
- El Rei moro de Granada
- La tertúlia de Colau, o Pataques i caragols
- Vicenteta la de Patraix