Josefina Bolinaga
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Josefina Bolinaga, nada en Balmaseda (Biscaia) en 1880 e finada en Madrid?, c. 1965, como membro recoñecida mais aínda por recuperar da xeración do 27,[1] dedicouse á literatura, especialmente á infantil. Tivo unha longa traxectoria profesional e foi capaz de elaborar un amplo número de contos para nenos, que alcanzaron un extenso recoñecemento entre as décadas dos anos 30 e 60 do século XX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 ![]() Balmaseda, España ![]() |
Morte | 1965 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Período de actividade | 1925 ![]() |
Movemento | Xeración do 27 ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNos seus primeiros anos tivo predilección pola poesía. A súa primeira obra coñecida é Alma rural (1925), onde os seus poemas enxalzan a vida e costumes rurais.[2] Tras esta, existe constancia de Flores de amor (1927), un poemario con tema materno-filial. Tras isto, aínda que non son coñecidas as motivacións, parece que a súa obra deu un xiro cara á literatura infantil, entre a que destacan os seus contos.
O primeiro recoñecemento á súa carreira chegou en 1932, cando conseguiu o terceiro Premio Nacional de Literatura de España. Posteriormente, en 1934 recibiu o Premio Nacional de Literatura de España con Amanecer[3]. Igualmente, sábese que a súa obra se publicaba en prensa de maneira periódica. Por exemplo, na revista ilustrada Blanco y Negro, os seus contos infantís apareceron durante varios anos (polo menos entre 1933 e 1936) no suplemento infantil Gente Menuda, onde tamén se publicaron escritos de Elena Fortún e Gloria de la Prada.[4] Varios destes contos recompiláronse na súa obra Cuévano de aventuras (1935). Hai constancia de que algúns dos seus escritos, como Amanecer, foron empregados na educación escolar destes anos, xa que contiñan un importante carácter aleccionador.[5]
Tras a guerra civil española (1936-1939) e o inicio da ditadura franquista, a súa carreira tivo que dar un xiro. Coñécese que a súa obra Amanecer foi prohibida polo réxime franquista e retirada do uso escolar.[6] Tras sufrir unha adaptación por mor da censura, a obra con modificacións volveu á circulación e á súa utilización nas aulas. Posteriormente, Josefina aínda se mantivo en temas de literatura infantil, mais adaptándose aos permitidos pola ditadura. Así, apareceron obras como Nueva raza (1941), Cuentos de primavera (1944), Mi patria es el mar (1951), Solo para niñas (1957) ou Ven a mi jardín (1962). Moitos deles, especialmente os dous últimos, foron empregados como recurso de lectura na educación das nenas durante o período franquista.[7]
Recoñecementos e distincións
editarEn 1932, recibiu o Terceiro premio no Concurso Nacional de Literatura, por Amanecer.[8]
En 1952 obtén o Premio Virgen del Carmen de Literatura e Periodismo.
Publicacións destacadas
editarJosefina foi autora de diversos libros de literatura, entre os que sobresaen os contos infantís. Destacan os seguintes:
- Amanecer. Hijos de Santiago Rodríguez. 1934.
- Cuévano de aventuras. Yagües. 1935.
- Nueva raza. Hijos de Santiago Rodríguez. 1941.
- Solo para niñas. Aguilar. 1957.
Notas
editar- ↑ Tapia, Juan Luis (27 de maio de 2010). "Las olvidadas del 27". ideal.es (en castelán).
- ↑ Redacción (4 de xullo de 1925). "Noticias de libros y revistas". ABC. p. 23. Consultado o 15 de marzo de 2021.
- ↑ http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0029732408&page=4&search=josefina+bolinaga&lang=es
- ↑ http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1933/08/09/019.html
- ↑ http://datos.bne.es/edicion/bimo0000609655.html
- ↑ Sánchez-Redondo Morcillo 2004, p. 54
- ↑ http://datos.bne.es/edicion/bimo0000609658.html
- ↑ "Concurso Nacional de Literatura (1923-1971)". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sánchez-Redondo Morcillo, Carlos (2004). Leer en la escuela durante el franquismo (en castelán). Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castila-La Mancha. ISBN 84-8427-332-6.