Josefa Sabor
Josefa Emilia Sabor, nada en Vilanova de Arousa o 23 de novembro de 1916 e finada en Buenos Aires o 11 de xaneiro de 2012, foi unha bibliotecaria e docente arxentina de ascendencia galega.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1916 ![]() Vilanova de Arousa, España ![]() |
Morte | 11 de xaneiro de 2012 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Educación | Universidade de Buenos Aires ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bibliotecoloxía ![]() |
Ocupación | bibliotecaria, historiadora, profesora universitaria ![]() |
Empregador | Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Irmáns | María Ángeles Sabor Riera Celina Sabor ![]() |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarJosefa Sabor era filla de Francisco Sabor e Carmen Riera. A súa familia trasladouse a Buenos Aires en 1918. Nacionalizouse arxentina en 1937.[1] Foi irmá de Celina Sabor de Cortazar e de María Ángeles Sabor Riera[2] e cuñada de Augusto Raúl Cortázar.
Fixo os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires, onde se converteu en profesora de Historia e bibliotecaria.[1] Por medio dunha bolsa da UNESCO, realizou viaxes de estudo por España, Francia, Italia, Alemaña e o Brasil entre os anos 1958 e 1959. Posteriormente, en 1963, recibiu unha bolsa do Departamento de Educación e Cultura dos Estados Unidos para estudar as técnicas de ensino en dez universidades dese país.
Desempeñouse como directora do Instituto de Bibliografía e Biblioteconomía da Universidade de Buenos Aires (1943-1946), da Biblioteca do Museo de Ciencias Naturais da Arxentina (1948-1952) da Biblioteca Central da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires (1955-1964) como fundadora e primeira directora do Instituto de Investigacións Bibliotecolóxicas INIBI da Facultade de Filosofía e Letras, UBA (1967-1973), da biblioteca e do Departamento de Publicacións do Interamerican Living Center de Bogotá, para a Organización de Estados Americanos e como experta da UNESCO en temas de asesoramento de bibliotecas.
Publicou diversos artigos en revistas especializadas da área da Biblioteconomía.[3]
Obras
editar- Manual de Fuentes de Información (1957)
- Bibliografía Básica de Obras de Referencia de Artes y Letras para la Argentina (1969)
- Métodos para enseñar Biblioteconomía (1969)
- Las normas y conclusiones de Medellín y la formación de bibliotecarios en América Latina (1974)
- El Planeamiento Bibliotecario a través de los Congresos y Reuniones celebradas en América Latina (1974)
- Desarrollo del Planeamiento Bibliotecario en América Latina (1975)[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Granada. "Biografía de Josefa Emilia Sabor". Mujeres documentalistas (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ Parada, Alejandro E. (abril de 1998). "Entrevista a María Ängeles Sabor Riera". Boletín de la Sociedad de Estudios Bibliográficos Argentinos (5): 163–170.
- ↑ "Josefa Emilia Sabor - Citas de Google Académico". Google Académico. Consultado o 21 de febreiro 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Romanos de Tiratel, Susana (2012-12). "El legado bibliográfico-bibliotecológico de Josefa Emilia Sabor (1916-2012¹): The Bibliographic-Librarianship Legacy of Josefa Emilia Sabor (1916-2012)". Información, cultura y sociedad (27): 11–33. ISSN 1851-1740.