Josefa Iglesias Vilarelle
Josefa Iglesias Vilarelle, nada en Santiago de Compostela en 1883 e finada en Pontevedra a finais de xaneiro de 1966,[1][2] foi unha mestra e pedagoga galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Santiago de Compostela, España |
Morte | xaneiro de 1966 (82/83 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | pedagoga |
Familia | |
Irmáns | Antón Iglesias Vilarelle |
Traxectoria
editarViviu dende nena en Pontevedra e fixo alí o estudos de Maxisterio que rematou en 1901. Acadou a praza de mestra en 1908 exercendo en Carnota, e anos despois en Mourente. Estivo vencellada, como o seu irmán Antón, á Dereita Galeguista e ao Seminario de Estudos Galegos.[2][3]
En 1932 publicou Método de lectura (Pontevedra: SEG, imp. Paredes)[4], o primeiro manual para o ensino da lectura e escrita do galego.[5] Manual de interese didáctico, é etimoloxista en canto á representación gráfica, e está deseñado na liña das cartillas de lectura escolares que promovía a II República española.
Notas
editar- ↑ La Noche, 1-2-1966, p. 9.
- ↑ 2,0 2,1 Marco, Aurora (2020)
- ↑ "Mulleres Socias Activas e Socias Proctectoras no SEG". Almanaque das irmandades. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ Iglesias Vilarelle, Josefa; Seoane, Luís; Antúnez, Xulio (1932). Método de lectura. s.l.: Seminario de Estudos Galegos.
- ↑ Costa Rico, Antón (2010). "O Seminario de Estudos Galegos: laboratorio dun plan pedagógico para Galicia" (PDF). Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación (14): 47. ISSN 1138-5863.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Blanco García, Carmen. Xosefa Iglesias Vilarelle e o primeiro catón galego. Trabe de ouro.T. 1, ano 4, n. 13 (xan.-marzo 1993) ; p. 79-85.
- Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 217–223. ISBN 978-84-8487-466-9.
Ligazóns externas
editar- Josefa Iglesias Vilarelle na páxina web Do gris ao violeta.