José da Silva Bartolomé
José da Silva Bartolomé, Moreno, finado en Trasmonte (Oroso) o 14 de outubro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 14 de outubro de 1946 ![]() Trasmonte, España ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Traxectoria
editarAcusado de realizar accións propagandistas contra o réxime o 14 de abril e o 1 de maio de 1946, foi declarado en rebeldía. Incorporouse á guerrilla xunto con Claudio Díaz Milia entre o 16 e o 19 de maio a través de Manuel Bello Parga e pasou a formar parte do destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Cando Claudio Díaz Milia desertou o 28 de xullo, a guerrilla comezou a sospeitar que José da Silva podía ser un infiltrado e ser o responsable da caída de Marcelino Rodríguez Fernández. Foi fusilado por orde de Manuel Ponte o 14 de outubro de 1946 en Trasmonte (Oroso). Xunto ao seu cadáver apareceu unha nota escrita:
Justicia guerrillera. Este traidor fue fusilado por haberse infiltrado en nuestras filas al servicio de la Guardia Civil y en ligazón estrecha con Claudio Díaz “Manolete”. ¡Mueran los traidores! ¡Viva la República! IV Agrupación Guerrillera. La Coruña. Sr. Tte. Cnel. envíe más a gran velocidad.
Vida persoal
editarCasou con Carmen Boo Pato.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 177–180. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Rodríguez Gutiérrez, Alejandro (2013). "La represión contra la lucha armada en Galicia. Los infiltrados en la IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia". Memòria antifranquista del Baix Llobregat (13): 60–66. Consultado o 20 de marzo de 2017.