José Rodrigues Vale
poeta portugués
José Rodrigues Vale, nado en Monção, Portugal, o 2 de novembro de 1866 e finado o 7 de febreiro de 1934, foi un poeta portugués coñecido pelo pseudónimo de João Verde.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1866 ![]() Monção, Portugal ![]() |
Morte | 7 de febreiro de 1934 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Pseudónimo literario | João Verde ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/2/24/Joao_Verde_2.jpg/220px-Joao_Verde_2.jpg)
Admirador da obra de Rosalía de Castro e Lamas Carvajal, mantivo certa relación con Curros Enríquez, Filomena Dato e García Ferreiro. Foi autor de varios poemas en galego e portugués. Colaborou na revista Branco e Negro[1] (1896-1898). Tamén colaborou en Vida Gallega e A Terra Minhota. Fundou e dirixiu Aurora do Lima e O Regional. Na súa obra mostrou as vivencias e o seu amor polas paisaxes miñotas.[2]
En 1936 a Câmara de Monção reproduciu en azulexo un poema seu do libro Ares da Raya, que foi colocado nun miradoiro sobre o río Miño.
Vendo-os assim tão pertinho
A Galiza mais o Minho,
São como dois namorados
Que o rio traz separados
Quasi desde o nascimento.
Deixai-os, pois, namorar,
Já que os pais para casar
Lhes não dão consentimento.João Verde, Ares da Raya.
Obra
editarNotas
editar- ↑ Branco e Negro : semanario illustrado (1896-1898) [copia digital, Hemeroteca Digital]
- ↑ Ledo Cabido, Bieito (Ed.) (2002). Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. ISBN 84-7680-302-8.