José Rodríguez Bouzo
José Rodríguez Bouzo, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 1959, foi un profesor, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 3 de xuño de 1959 ![]() Ourense, España ![]() |
![]() | |
2 de xaneiro de 1936 – marzo de 1936 ← Arturo Rodríguez Sieiro – Felisindo Álvarez Xesteira → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, profesor de ensino secundario, político ![]() |
Familia | |
Fillos | José Rodríguez Reza ![]() |
Traxectoria
editarCatedrático de Agricultura do Instituto de Ourense. Colaborou en Heraldo de Galicia. Foi deputado provincioal. Foi director do Instituto de Ourense e presidente da Deputación de Ourense do 2 de xaneiro de 1936 a marzo dese ano. Cesou como director do Instituto en agosto de 1936.[1]
A fináis de xaneiro de 1936 os mozos do Sindicato Español Universitario (SEU) penetraron no Instituto para repartir folletos «antiseparatistas» e agrediron a José Rodríguez, que intentou recriminalos.[2] Estes feitos provocaron unha folga estudantil e numerosas protestas.[3] Finou en Ourense o 3 de xuño de 1959.[4]
Predecesor: Arturo Rodríguez Sieiro |
Presidente da deputación de Ourense 1936 |
Sucesor: Felisindo Álvarez Xesteira |
Vida persoal
editarCasou con Rosario Reza Ulloa en 1920,[5] e foi pai de José, Rosario, Milagro e Luis Rodríguez Reza.
Notas
editar- ↑ La Región, 4-8-1936, p. 2.
- ↑ "Varios jóvenes de Falange Española promueven alborotos disparando petardos y pistolas detonadoras". La Zarpa. 22 de xaneiro de 1936. p. 1.
- ↑ "Ourense viviu o Corpus anterior á guerra civil entre folgas, violencia e tensións políticas e sociais", La Voz de Galicia, Ourense, 18-6-1991, p. 36.
- ↑ Necrolóxica en La Región, 4-6-1959, p. 7.
- ↑ La Región, 12-5-1920, p. 2..