José Rivera Álvarez

mestre e político galego

José Rivera Álvarez, nado na provincia de Ourense o 1 de xullo de 1901,[1] foi un mestre e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Rivera Álvarez
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1901 Editar o valor en Wikidata
provincia de Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Mestre na Arnoia. Afiliado a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Foi detido e procesado con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934, e condenado a prisión no Forte de San Cristovo de Pamplona. Amnistiado logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, regresou á Arnoia e reincorporouse ao seu posto de traballo. Ao seu regreso á estación de Ribadavia o 25 de febreiro de 1936 constituíu unha manifestación dos partidos de esquerda e das organizacións obreiras.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituido,[3] e no proceso de depuración foi separado definitivamente do servizo.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 50. 
  2. "Ribadavia. La vuelta de un amnistiado", El Pueblo Gallego, 4-3-1936, p. 11.
  3. La Zarpa, 4-8-1936, p. 2.