José Piñeiro González
José Piñeiro González, coñecido como Aviador Piñeiro, nado en Mugardos o 15 de decembro de 1878 e finado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1927,[1] foi un aviador galego.
Estatua do aviador Piñeiro en Sanxenxo. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1878 Mugardos, España |
Morte | 3 de febreiro de 1927 (48 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Actividade | |
Ocupación | Piloto |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal, |
Traxectoria
editarEstudou para maquinista mercante e despois instalouse en Sanxenxo, onde seu pai era axudante de Mariña, e montou unha fábrica de gasosas.
En 1912 asistiu a unha exhibición de aviación do piloto francés Vedrines nas festas da Peregrina en Pontevedra, e decidiu vender a fábrica para marchar a Francia e formarse como piloto. Realizou as primeiras acrobacias en Ferrol o 6 de maio de 1913 durante a botadura do acoirazado Afonso XIII. Convidado pola colectividade galega da Arxentina e Cuba, realizou voos acrobáticos nos que incluíu o salto da morte. En decembro de 1914 realizou o primeiro voo invertido (looping the loop) en Cuba. De volta en España, tomou parte en varios concursos ata a súa retirada en 1921. Realizou os seus voos acrobáticos cun avión de só 50 CV de potencia. Foi famosa a súa acrobacia denominada "O voo da gaivota", consistente en tocar cunha á o mar e volver levantar o voo. Con el voou Elisa Patiño Meléndez, considerada a primeira galega piloto.[2]
En 1923 foi vivir a Santiago de Compostela, acompañando o seu fillo que estudaba na Escola Normal.
Galería de imaxes
editar-
Monumento ao aviador Piñeiro.
-
Estatua do aviador Piñeiro.
-
Placa Rúa Aviador Piñeiro en Ferrol.
Notas
editar- ↑ "Ecos compostelanos". El Ideal Gallego. 4 de febreiro de 1927. p. 1.
- ↑ Milagros Bará (4 de maio de 2016). "Chichana Patiño, el hada de Piñeiro". Diario de Pontevedra (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía na Buxaina, revista dixital do Departamento de Ciencias do IES Francisco Asorey.
- Noticia en La Voz de Galicia