José Novo Pardo
político e xornalista galego
José Novo Pardo, finado en Lugo o 8 de novembro de 1957, foi un militar, político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 8 de novembro de 1957 ![]() Lugo, España ![]() |
![]() | |
1926 – 1929 – Manuel Fraga Bello → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político ![]() |
Traxectoria
editarComandante de Cabalaría, participou na guerra de Cuba. Comerciante en Vilalba, foi presidente do Círculo de Artesáns. Foi administrador e despois director de El Eco de Villalba (1909). Foi tamén director de A Xusticia (1917-1921) e Aurora. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Vilalba. Despois foi xuíz municipal e axente comercial. Finou en Lugo o 8 de novembro de 1957.[1]
Predecesor: José Baldesuso Celeiro |
Alcalde de Vilalba 1926 - 1929 |
Sucesor: Manuel Fraga Bello |
Vida persoal
editarCasou con Elena Uriarte Guerra e foi pai de Hortensia, Berta, José, Manuel, Amparo, Concepción e Elena Novo Uriarte. Foi tío de Lois e Antonio Peña Novo.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 9-11-1957, p. 5.