José Meixengo Pereira
José Meixengo Pereira, nado en Castrelo de Miño en 1909 e finado en Vigo o 2 de xaneiro de 2000, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 ![]() Castrelo de Miño, España ![]() |
Morte | 2 de xaneiro de 2000 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() | |
1936 – 1936 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Traxectoria
editarMédico na Arnoia. Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde da Arnoia a principios de marzo. Logo da sublevación do 18 de xullo foi detido na Cañiza e posto tempo despois en liberdade ao non se formular ningún cargo contra el. Posteriormente foi novamente detido e encarcerado no Mosteiro de Celanova. Xulgado en Ourense en Consello de Guerra por rebelión militar, foi absolto. Conseguiu zafarse das sacas nocturnas que periodicamente realizaban os falanxistas no convento-cárcere celanovés. Permaneceu alí durante uns meses e entrou en contacto co daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios. En 1937 foi trasladado ao Mosteiro de Santa María de Oseira que funcionaba como prisión. Foi chamado a filas e despois de cumprir o servizo militar conseguiu destino como médico na zona de Celanova e Verea onde exerceu ata pouco antes da xubilación. Trasladouse a Redondela en 1971 onde se xubilou como médico en 1974. Residiu en Vigo onde a agrupación socialista da cidade tratou de convencelo para encabezar a candidatura ao concello nas primeiras eleccións democráticas. Meixengo non aceptou por motivos de idade.
Predecesor: Evencio Álvarez Bangueses |
Alcalde da Arnoia 1936 |
Sucesor: Evencio Álvarez Bangueses |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lorda, David Simón (2001). "La medicina desterrada. Un repaso por la vida de varios médicos ourensanos represaliados por el franquismo.". Auria. febreiro (46). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xaneiro de 2013.