José María Minella
José María Minella, nado en 1909 en Mar del Plata e finado o 13 de agosto de 1981, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1909 ![]() Mar del Plata, Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de agosto de 1981 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComo xogador
editarComezou a xogar en Independiente de Mar de La Plata e comezou a destacar no Gimnasia y Esgrima La Plata.
En 1935 fichou polo CA River Plate onde foi o 5 titular durante varios anos, incluídos os primeiros de La Máquina, como foi alcumado o equipo millonario neses anos, posteriormente alternou a titularidade con Bruno Rodolfi. En 1942 foi cedido ao CA Peñarol e de aí pasou definitivamente ao Green Cross chileno, despois denominado Deportes Temuco, onde rematou a súa carreira.
Como adestrador
editarUnha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador, con grande éxito en River Plate, dirixindo ao equipo dende 1945 a 1957, afrontando a renovación da xeración denominada La Máquina substituíndo as grandes figuras desta (Juan Carlos Muñoz, José Manuel Moreno, Adolfo Pedernera, Ángel Labruna e Félix Loustau) por xogadores como Walter Gómez, Santiago Vernazza, Enrique Omar Sívori ou Norberto Menéndez. Deixaría o banco de River cun saldo de sete campionatos arxentinos, este rexistro so sería superado por Ramón Díaz
Posteriormente adestrou en Colombia, ao América de Cali, e o Uruguai para volver a River en 1963, porén so permanecería un ano no cargo. En 1964 faríase cargo da selección de fútbol da Arxentina, gañando a Copa das Nacións celebrada ese ano no Brasil e clasificando ao combinado para o Mundial de Fútbol Inglaterra 1966, porén a AFA decidiu renovar a dirección da selección. Tras esta destitución Minella retirouse do fútbol.
Palmarés
editarComo xogador
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1936 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1937 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1941 |
Participación na Copa América
Título | Club | Sede | Ano |
---|---|---|---|
Copa América | Selección de fútbol da Arxentina | Arxentina | 1937 |
Copa América | Selección de fútbol da Arxentina | Chile | 1941 |
Como adestrador
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1945 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1947 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1952 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1953 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1955 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1956 |
Campionato da Arxentina | River Plate | Arxentina | 1957 |