José María Lago Cabo
político galego
José María Lago Cabo, nado na Gudiña en 1973, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() A Gudiña, España ![]() |
![]() | |
2016 – 2023 ← Guillermo Lago Pérez – Néstor Ogando Blanco → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro ![]() |
Partido político | Partido Popular de Galicia ![]() |
Familia | |
Pai | Guillermo Lago Pérez ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Pleno_municipal_do_Concello_da_Gudi%C3%B1a.jpg/220px-Pleno_municipal_do_Concello_da_Gudi%C3%B1a.jpg)
Traxectoria
editarFillo de Guillermo Lago Pérez. Enxeñeiro técnico industrial, impartiu cursos para a Fundación Galega do Metal. Nas eleccións municipais de 2015 foi o número dous da candidatura do PPdeG. Logo do falecemento do seu pai en xaneiro de 2016 por mor dun infarto,[1] foi elixido alcalde da Gudiña.[2] Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Presentouse de novo ás eleccións municipais en 2023 mais non acadou a alcaldía, e ademais de concelleiro pasou a ser deputado provincial.
Vida persoal
editarEstá casado e ten unha filla.
Predecesor: Guillermo Lago |
Alcalde da Gudiña 2016 - 2023 |
Sucesor: Néstor Ogando |