José María Busto

futbolista español

José María Busto Llano, nado en Portugalete o 12 de novembro de 1923 e finado en Sevilla o 27 de maio de 2012, foi un futbolista vasco, que xogaba como porteiro. Desenvolveu case toda a súa carreira no Sevilla, co que disputou 401 partidos oficiais, sendo o gardameta con máis encontros da historia do club.

Modelo:BiografíaJosé María Busto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Busto Llano Editar o valor en Wikidata
12 de novembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Portugalete, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 2012 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,71 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata - 1958 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1941–1942 Barakaldo Club de Fútbol
1942–1958   Sevilla FC

Traxectoria

editar

Comezou a súa carreira no Barakaldo, co que debutou en Segunda División na tempada 1941/42. En 1942 fichou polo Sevilla FC, sendo un piar indiscutible ao longo de dezaseis tempadas, sendo titular por diante de todos os porteiros que pasaron durante ese tempo polo club, como Paquillo ou Manolín.

Foi o porteiro titular durante a histórica tempada 1945/46, na que o Sevilla se proclamou campión de liga, e defendeu a portería tamén na final da Copa do Xeneralísimo 1947/48, onde gañou o título derrotando ao Celta de Vigo en Chamartín.[1] Xogou tamén a final de Copa de 1955, onde o Sevilla perdeu contra o Athletic. Estivo varias veces preto de debutar coa selección española, pero a gran competencia dos seus coetáneos Ignacio Eizaguirre, Antonio Ramallets e Carmelo Cedrún fixo que nunca acadara a internacionalidade absoluta, aínda que si debutou coa selección B.[2][3]

Disputou un total de 401 partidos oficiais co Sevilla, sendo o gardameta con máis encontros da historia do club.[4]

Palmarés

editar
Sevilla
  1. "La Copa de S. E. el Generalísimo se la adjudicó el Sevilla". La Noche (en castelán) (8474). 5 de xullo de 1948. p. 3. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  2. Peris, Luis Carlos (27 de maio de 2012). "Entre Eizaguirre y Palop, José María Busto". Diario de Sevilla. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  3. "José María Busto Llano". Porteros vascos de leyenda (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  4. "José María Busto, II Dorsal de Leyenda" (en castelán). 2009. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar