José María Bello Amigo
José María Bello Amigo, coñecido como Bello Amigo, nado en Ribeira o 18 de marzo de 1935 e finado no mesmo lugar o 12 de decembro de 2020, foi un futbolista galego que xogaba como centrocampista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1935 ![]() Ribeira, España ![]() |
Morte | 12 de decembro de 2020 ![]() Ribeira, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Centrocampista |
Familia | |
Fillos | José Fernando Bello Seráns ![]() |
Foi pai do tamén futbolista José Fernando Bello, coñecido tamén como Bello Amigo, que xogaba como porteiro.
Traxectoria
editarCelta de Vigo
editarComezou a xogar ao fútbol aos 15 anos, cando saltou ao campo nun partido en Frións.[1] Axiña comezou a destacar e aos 17 anos fichou polo Celta de Vigo, que o cedeu ao Casablanca, da Serie A, onde coincidiu con xogadores como Padrón ou Quinocho.[2] Durante a tempada 1953/54 xogou cedido no Club Santiago, da Terceira División.[3]
Durante esa época chegou a xogar varios partidos amigables nas filas do Celta, pero ningún oficial,[4][5] e en xuño de 1954 recibiu a carta de liberdade.[6]
Racing de Ferrol
editarAo deixar o Celta de Vigo probou co Deportivo da Coruña, equipo do que era simpatizante,[1] pero tras non chegar a un acordo, en setembro de 1954 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda División.[7] Debutou na categoría de prata aos 19 anos, da man do adestrador Vázquez nun partido ante o Sestao,[8] e marcou o seu primeiro col tres semanas despois contra o Eibar. Militou durante tres tempadas no club ferrolán, no que coincidiu con xogadores como Bernabé, Fábregas, Seijas, Franco, Lexo, Tucho Sampedro, Suco ou Tito Blanco.
Durante a súa etapa no club verde sufriu varias lesións, polo que só puido disputar 27 partidos, nos que marcou 4 goles. En 1957 foi realizar o servizo militar á Coruña, e foi cedido ao Xuvenil, da Terceira División,[9] onde coincidiu con futbolistas como Pais, Firi e Vegazo.[1] Practicou atletismo e foi campión de España militar nos 100 metros lisos e tamén nos 200.[10]
Arousa
editarEn 1958, cando xa planeaba emigra a Australia, recibiu unha oferta do Arousa, tamén de Terceira, que acabou por aceptar.[1][11] Debutou cun triplete ante o Cambados, e volveu coincidir con Tito Blanco.[12] Axiña se converteu no capitán do equipo arousán, no que militou ata 1960, cando unha nova lesión o desmoralizou e o fixo emigrar a Australia.[1]
Australia
editarNo país oceánico xogou no Canterbury e traballou nunha tabaqueira da marca Rothmans.[1] Tivo tres fillos e un deles, José Fernando Bello, coñecido tamén como Bello Amigo, foi futbolista e xogou como gardameta en equipos como o Racing de Ferrol ou o Poli Ejido.
A finais dos anos 70 regresou a Ribeira para rexentar o Hotel Moderno, propiedade de seus pais, pero acabou volvendo a Australia.[10] Faleceu en Ribeira o 12 de decembro de 2020, aos 85 anos de idade.[10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Entrevista a Bello Amigo". Facebook. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "El Campeonato de Galicia de la Serie A". El Pueblo Gallego (en castelán) (9682). 16 de decembro de 1952. p. 3. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Buena tarde de fútbol en Santa Isabel con la merecida victoria del Club Santiago sobre el Calzada por 3 a 0". La Noche (10240). 21 de decembro de 1953. p. 3. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "El Celta venció a los ingleses". El Pueblo Gallego (en castelán) (9684). 20 de marzo de 1953. p. 4. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Celta y España Industrial empataron a dos tantos". El Pueblo Gallego (en castelán) (9860). 13 de outubro de 1953. p. 6. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Ayer se celebró la anunciada Conferencia de Prensa en el R. C. Celta". La Noche (en castelán) (10399). 29 de xuño de 1954. p. 5. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Bello Amigo fichó por el Club Ferrol". La Noche (en castelán). 27 de setembro de 1954. p. 3. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Por tres a uno fué vencido el Ferrol en Bilbao". El Pueblo Gallego (en castelán) (10181). 5 de outubro de 1954. p. 2. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Gran Peña, 2 - Juvenil, 0". El Pueblo Gallego (en castelán) (11079). 1 de outubro de 1957. p. 15. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "Fallece José María Bello Amigo, el ribeirense que conquistó el fútbol de Australia en los años 60". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de decembro de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Prosiguen los fichajes en el Arosa". La Noche (en castelán) (11686). 30 de agosto de 1958. p. 6. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "El Arosa realizó un gran partido de presentación en Villagarcía". El Correo Gallego (en castelán) (26574). 23 de setembro de 1958. p. 7. Consultado o 4 de agosto de 2022.