José Manuel de Bernardo Ares
José Manuel de Bernardo Ares, nado en Pontedeume o 11 de decembro de 1945, é un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1945 ![]() Pontedeume, España ![]() |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Actividade | |
Campo de traballo | Idade Moderna, historia social, Elite, scientific methodology (en) ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | escritor, historiador, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Córdoba, catedrático de universidade ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia labrega con escasos recursos económicos para pagarlle os estudos, mais unha tía súa empeñouse en que estudara coa axuda de toda a familia. Cursou o bacharelato en Santiago de Compostela, onde continuou para iniciar os seus estudos superiores na Universidade de Santiago de Compostela. Logo de pasar pola Universidade de Salamanca, obtén os títulos de licenciado e doutor en Historia na Universidade de Valencia[1], con "Premio Extraordinario".
Desde 1975 é profesor da Universidade de Córdoba, na que gañou en 1991 a cátedra de Historia Moderna e dirixiu o Departamento de Historia Moderna, Contemporánea e de América, e o "Grupo de Investigación HISALEM" (Historia Social da Administración Local na Época Moderna). Foi profesor visitante nas universidades de Berkeley e de East Anglia en Inglaterra.
Dirixe a colección "Estudios de Historia Moderna" e é “Honorary Research Fellow" do University College da Universidade de Londres. Co gallo da celebración da conferencia internacional "Hacia un Nuevo Humanismo", o 24 de xuño de 1998, o rei Xoán Carlos I outorgoulle a Encomenda da Orde do Mérito Civil, refrendada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, como recoñecemento polos servizos prestados á comunidade científica.
A "Asociación Arte, Arqueología e Historia" de Córdoba concedeulle no ano 2000 o "Premio Juan Bernier" de Arte, Arqueoloxía e Historia, no seu apartado de Historia.
Liñas de investigación
editar- Historia Social da Administración Local. O municipio da Coroa de Castela na Época Moderna.
- Socioloxía das elites na Europa Moderna.
- O Imperio Hispánico entre as Paces de Lisboa (1668) e Utrecht (1713).
- América do Norte e Europa na segunda metade do XVII.
- A historia como ciencia. A metodoloxía científica nas Ciencias Históricas.
- A historiografía hispanista sobre a Época Moderna.
Publicacións destacadas
editarLibros
editar- Universidade de Córdoba, ed. (1993). Corrupción política y centralización administrativa. La hacienda de propios en la Córdoba de Carlos II (en castelán). Córdoba.
- Historiología, investigación y didáctica. Elaboración y transmisión de los saberes históricos (en castelán). San Francisco-London-Bethesda. 1996.
- Universidade de Córdoba e CajaSur, ed. (1997). Poder municipal y organización política de la sociedad. Algunas lecciones del pasado (en castelán). Córdoba.
- Fundación Alfredo Brañas, ed. (2000). A Historia de Galicia vista por Alfredo Brañas. Santiago de Compostela.
- Universidade de Córdoba e CajaSur, ed. (2005). Historia e informática. Metodología interdisciplinar de la investigación histórica (en castelán). Córdoba. ISBN 84-7801-768-2.
- Iustel, ed. (2008). Luis XIV rey de España. De los Imperios plurinacionales a los Estados unitarios (1665-1714) (en castelán). Prólogo de Lucien Bély. Madrid. ISBN 978-84-96717-95-4.
Capítulos en libros colectivos
editar- Yun Casalilla, Bartolomé, ed. (2006). "Las ciudades andaluzas: articulación del espacio político y relaciones con la Corona". Historia de Andalucía (en castelán). VI Entre el Nuevo y el Viejo Mundo (1492-1652). Sevilla: Fundación José Manuel Lara e Planeta. ISBN 84-96556-50-6.
- Universidades de Córdoba, Castilla-La Mancha e Málaga, ed. (2007). "Historia política e historia diplomática". Recuperar la historia, recuperar la memoria. Edición crítica de textos para el aprendizaje de historia moderna (en castelán). Córdoba. pp. 73–144. ISBN 978-84-7801-869-7.
Artigos
editar- "The aristocratic assemblies under the Spanish Monarchy (1680-1700)". Parliaments, States and Representation (en inglés) (21): 125–143. 2001. ISSN 0260-6755.
- USC, ed. (2002). "El nacimiento del Imperio Británico y el horizonte político de Nueva Inglaterra a finales del siglo XVII". Obradoiro de Historia Moderna (en castelán) (Santiago de Compostela) (11): 39–60. ISSN 1133-0481.
- "Parliament or city Councils: The representation of the kingdom in the Crown of Castile (1665-1700)". Parliaments, States and Representation (en inglés) (25): 33–54. 2005. ISSN 0260-6755.
- "Tres años estelares de política colonial borbónica (1701-1703)". Cuadernos de Historia de España (en castelán) (LXXX): 171–196. 2006. ISSN 0325-1195.
Notas
editar- ↑ ABC de Sevilla, ed. (15/09/2013). "José Manuel de Bernardo Ares: "Estamos desnortados"" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- cordobapedia (ed.). "José Manuel de Bernardo Ares" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2014.
- Galicia Digital (ed.). "José Manuel de Bernardo Ares: datos profesionais e publicacións". Consultado o 14 de setembro de 2014.
- Dialnet. Universidade da Rioxa (ed.). "José Manuel de Bernardo Ares: publicacións" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2014.