José Manuel Vila Pérez
José Manuel Vila Pérez, nado en Malpica de Bergantiños en 1958 e finado no mesmo concello o 14 de febreiro de 2011, foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 Malpica de Bergantiños, España |
Morte | 14 de febreiro de 2011 (52/53 anos) Malpica de Bergantiños, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarFoi secretario da Confraría de Pescadores de Malpica. Foi concelleiro de Malpica de Bergantiños polo PPdeG dende as eleccións municipais de 1987. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1989-2001). En 2003 formou unha agrupación independente (Agrupación Vecinal de Electores AVE) coa que conseguiu catro concelleiros, os mesmos que o PSOE, con quen gobernou en coalición. En 2007 volveu a liderar a agrupación independente, logrando 3 concelleiros e pasando á oposición. A principios de 2009 ata o PPdeG recuperouno para presidir a xestora local, sendo elixido candidato á alcaldía para as municipais de 2011, porén faleceu o 14 de febreiro de 2011. No seu lugar encabezou a candidatura Eduardo Parga Veiga e logrou a vitoria e a alcaldía.