José Manuel Vázquez Vázquez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
José Manuel Vázquez Vázquez, "Manel", nado na Illa de Arousa en 1972[Cómpre referencia], é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (52/53 anos) A Illa de Arousa, España |
Alcalde da Illa de Arousa | |
1999 – 2015 ← Juan Manuel Dios Oubiña – Carlos Iglesias Cores → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Illa de Arousa |
Ocupación | político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Ciencias Económicas. Nas eleccións municipais de 1999 presentouse á alcaldía da Illa de Arousa encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde co apoio do BNG, sendo o primeiro alcalde electo trala segregación da Illa de Vilanova. Continuou como alcalde nas municipais de 2003 en minoría. Nas municipais de 2007 acadou a alcaldía por maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu acadar a alcaldía grazas a un pacto co BNG. Nas eleccións xerais de novembro do 2011 foi candidato número 3 do PSdeG-PSOE ó Congreso por Pontevedra, pero non logrou ser elixido. En setembro de 2013 disputou fronte a Xosé Ramón Gómez Besteiro as primarias ao cargo de Secretario Xeral do PSdeG, pero non logrou o posto. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2015, sendo substituído por Carlos Iglesias Cores á fronte dos socialistas, que logrou revalidar a alcaldía para o PSdeG con maioría absoluta.
Tras abandonar a alcaldía ocupou cargos de confianza na Deputación de Pontevedra, e formou parte da Exectutiva Provincial do PSdeG en Pontevedra como Secretario de Acción Electoral a partir de 2018, sendo confirmado trala renovación dos órganos de dirección provincial en 2022.
Predecesor: Juan Manuel Dios Oubiña (xestora) |
Alcalde da Illa de Arousa 1999 - 2015 |
Sucesor: Carlos Iglesias Cores |