José Manuel Mouzo
José Manuel Mouzo Castiñeira, nado na Coruña en 1966[1] e finado o 16 de maio de 2021[2], foi un político do PSdeG-PSOE, que chegou a ser alcalde de Laxe.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 A Coruña, España |
Morte | 16 de maio de 2021 (54/55 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Laxe | |
2015 – 2019 ← Antonio Carracedo Sacedón – José Luis Pérez Añón → | |
Actividade | |
Ocupación | transportista, político |
Traxectoria
editarProfesional do sector do transporte, empezou a militar en política en 1983, en Esquerda Galega, canda o seu compañeiro Antón Carracedo. Seguindo a Carracedo incorporouse ao PSOE en 1993, e chegou a concelleiro nas eleccións municipais de 2007, con Carracedo como alcalde. Foi concelleiro de cultura e de protección civil ata que en 2015, logo de retirarse Carracedo[3], encabezou a candidatura socialista. Malia baixar en votos, retivo a alcaldía para o seu partido grazas a un pacto co BNG. Nas eleccións municipais de 2019 a súa lista foi derrotada e abandonou a alcaldía. Porén, continuou como voceiro socialista ata o seu falecemento.
Vida persoal
editarNotas
editar- ↑ "«Pola Xunta, Laxe non existiría. Todo o que logramos é grazas á Deputación»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-06-04. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Fallece a los 54 años José Manuel Mouzo, exalcalde de Laxe". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-16. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Antón Carracedo anuncia por sorpresa que no se presentará a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-07-12. Consultado o 2021-05-16.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Predecesor: Antón Carracedo |
Alcalde de Laxe 2015 - 2019 |
Sucesor: José Luis Pérez Añón |