José Manuel Bermúdez Esparza
José Manuel Bermúdez Esparza, nado nas Palmas de Gran Canaria o 23 de outubro de 1966, é un político canario que dende o 11 de xuño de 2011 exerce como alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1966 ![]() As Palmas de Gran Canaria, España ![]() |
Alcalde de Santa Cruz de Tenerife | |
13 de xullo de 2020 – ← Patricia Hernández Gutiérrez | |
Alcalde de Santa Cruz de Tenerife | |
11 de xuño de 2011 – 15 de xuño de 2019 ← Miguel Zerolo Aguilar ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Tenerife ![]() |
Educación | Universidade de La Laguna ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Empregador | Cabido de Tenerife ![]() |
Partido político | Tenerife Group of Independents (en) ![]() Coalición Canaria ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNado nas Palmas de Gran Canaria, trasladouse xunto cos seus pais a vivir á illa de Tenerife pouco despois de nacer, xa que de alí proviña a súa familia.
Estudou Dereito porque era a mellor maneira de acceder a xornalismo ou a política. Con 18 anos, e en contra dos desexos do seu pai, que prefería que se centrase nos estudos, afiliouse a ATI.
Foi fundador das mocidades de ATI, ocupou sempre cargos nos órganos decisorios do partido e desenvolveu o seu labor público en diferentes áreas do Cabido de Tenerife. Ademais é vicepresidente primeiro do Cabido de Tenerife. É, dende 2011 o alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.