José Manuel Arribas Hermida
José Manuel Arribas Hermida, nado en Lérez (Pontevedra) o 7 de marzo de 1902 e finado no Marco (Meis) o 7 de agosto de 1977, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1902 Lérez, España |
Morte | 7 de agosto de 1977 (75 anos) O Marco, España |
Alcalde de Meis | |
1936 – 1936 ← José Manuel Roma Hermida – Ramón García Sampayo → | |
Actividade | |
Ocupación | labrego, sindicalista |
Traxectoria
editarLabrego. Casou con Melania Martínez e trasladouse a vivir ao Marco (Meis). Tiña un negocio relacionado co leite e creou unha empresa vinculada á liña de autobús Pontevedra-Vilagarcía. Fundou en 1934 a sociedade agraria La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis da que foi elixido presidente. Foi detido en decembro de 1934 xunto co secretario da sociedade Rosendo Rodríguez Ares.[1] Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Meis o 15 de marzo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o Concello de Meis foi rodeado e tomado polas forzas sublevadas o 21 de xullo, José Manuel refuxiouse na reitoral de Besomaño. Foi detido e internado no cárcere de Cambados, pasando despois ao de Pontevedra onde foi xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937. Foi condenado á cadea perpetua por "auxilio á rebelión", conmutada a 17 anos de reclusión. Internado no campo de concentración da Illa de San Simón, foi trasladado despois ao forte de San Cristovo en Pamplona o 11 de outubro. Participou na fuga masiva o 22 de maio de 1938. Capturado, permaneceu na cadea até que logrou a prisión atenuada no seu domicilio do Marco o 13 de setembro de 1940. En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena por un ano de prisión menor. Finalizou a pena da sentenza o 8 de agosto de 1966.
Predecesor: José Manuel Roma Hermida |
Alcalde de Meis 1936 |
Sucesor: Ramón García Sampayo |
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 25-12-1934, p. 13.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 149–152. ISBN 978-84-7680-692-0.
- Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Gallego Rey, Mario (2007). "Xosé Arribas: un lerezán alcalde de Meis" (PDF). Cedofeita (11).