José Luis Uhía
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
José Luis Uhía Castro, coñecido como Piscis, nado en Portonovo o 14 de maio de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego.
Nome orixinal | José Luis Uhía Castro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de maio de 1970 (54 anos) Sanxenxo, España ![]() |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | adestrador ![]() |
Traxectoria
editarEtapa como xogador
editarEmpezou súa andaina nas categorías base do Portonovo S.D. Participou tamén na selección xuvenil de Pontevedra.
Con dezasete anos debuta na terceira división na temporada 1987-88, marcando nove goles en seis meses e alcanzando a titularidade a partir do seu debut. Chama a atención dos equipos grandes de Galicia e ficha esa mesma temporada polo C.D. Ourense. Na temporada seguinte xoga no seu filial.
Na tempada 89-90 ficha polo Villalonga C.F. nunha temporada discreta.
Na tempada 90-91 ficha polo Águilas C.F. de Murcia, xogando o play off de ascenso a segunda división B acadando o segundo posto e recibe un trofeo á súa regularidade. Na tempada 91-92 volve fichar polo Villalonga C.F. no que volve acadar un novo play off de ascenso. Pretendido polo Pontevedra C.F., complícanse as negociacións e non acaba fichando polo equipo da cidade do Lérez.
No Villalonga C.F. permanece sete temporadas ata que volve a chamalo o Pontevedra C.F. e firma na temporada 1998-99, acadando un só gol na segunda división B.
Na temporada seguinte ficha polo equipo do seu pobo o Portonovo S.D. ata a súa retirada no ano 2.004, acadando un ascenso de categoría, da rexional preferente a terceira división.
Etapa como adestrador
editarNa temporada 2005/2006, adestra ós xuvenís do Portonovo S.D. en categoría provincial e ascende ó equipo a Liga Gallega. Na temporada 2006/2007 ascende de Liga Gallega a Liga Nacional, e na temporada 2007/2008, adestra ó primeiro equipo do Portonovo S.D., e acada a permanencia. En abril de 2011, e a falta de 7 partidos para rematar o campionato, foi contratado como adestrador do Pontevedra CF B, en substitución de Marcos Canle[1]. Na temporada 2011-2012 adestra ó Xuventú de Sanxenxo.
En febreiro de 2013, mediada a temporada 2012–13, foi contratado polo Arousa SC en Preferente Autonómica.[2] Ese mesmo ano o equipo acada o ascenso de categoría a Terceira División. O 31 de maio de 2017 anunciou a súa despedida do club arousán.[3][4] O 7 de febreiro do 2022 fichou polo Céltiga FC da Illa da Arousa[5].
Na actualidade é profesor na Escola Galega de Adestradores, dependente da Real Federación Galega de Fútbol. Imparte as materias de Técnica e Táctica.
Notas
editar- ↑ "O Pontevedra destitúe ao adestrador do filial a falta de sete partidos"
- ↑ "Piscis llega a un acuerdo con el Arosa para ser su entrenador esta y la próxima temporada"
- ↑ "La era Piscis llega a su fin"
- ↑ ""“Se foramos unha empresa ascenderíamos a Piscis, pero isto é fútbol e rematou un ciclo”, explica Abalo"". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 01 de agosto de 2017.
- ↑ G. Sánchez (8 de febreiro de 2022). "Piscis sustituye a Edu Charlín en el Céltiga con el objetivo de levantar el vuelo". Diario de Arousa.