José Lamela Bautista
José Lamela Bautista, nado en Padrendo (Río Caldo, Lobios) o 1 de novembro de 1947 e finado en Ourense o 4 de xaneiro do 2021,[1] foi un historiador, escritor e político galego do PSdeG-PSOE.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1947 ![]() Padrendo, España ![]() |
Morte | 4 de xaneiro de 2021 ![]() Ourense, España ![]() |
Lugar de sepultura | Río Caldo ![]() |
![]() | |
2007 – 2011 ← Benito Vázquez Vázquez – María del Carmen Yáñez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, historiador, político, enxeñeiro industrial ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarRealizou estudos de Enxeñería Técnica Industrial. Emigrou a Barcelona en 1973, onde traballou no sector de hidrocarburos e foi Director de Obra na Empresa OHL.
Dirixiu e presentou dende o ano 2000 o programa radiofónico cultural Sempre en Galicia de Radio Cornellá. Dende 2004 é membro do Xurado dos premios literarios Rosalía de Castro de poesía e Rosa Reboredo de narrativa de Cornellà de Llobregat. Foi fundador da asociación protectora de medio ambiente Amigos de Río Caldo, e da Plataforma pola defensa de Río Caldo.
Publicou numerosos traballos de investigación histórica sobre a Xurés en revistas como Auria, Arraianos, Nós, Xurdimento e Lúa Nova, da que tamén forma parte do consello de redacción. É colaborador permanente de La Región e do xornal de Terras de Bouro Geresâo.
Foi socio fundador de CALIDUM-Clube de Autores Minhoto/Galaicos.
Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía de Lobios encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta.
O 14 de agosto do 2023 celébrase unha homenaxe para honrala memoria do autor de El Xurés y sus misterios e A Virxe do Xurés, en Padrendo[2], na aldea onde naceu e onde repousan os seus restos, coa descuberta dunha placa na súa casa natal, obra de Toño Monteiro, e cun acto para recordar a súa vida e obra ó pé da capela da Virxe do Xurés, onde se estreou o himno á Virxe do Xurés, e que lle foi encargado polo autor arraiano a Carmen Penín, quen lle pon a voz e a música.
Obras
editarPremios e recoñecementos
editar- No ano 2015 foi recoñecido como Xuíz Honorario[3] do Couto Mixto.
- O colectivo Arraianos noméao Arraiano Universal en agosto de 2021[4].
Notas
editar- ↑ "Muere el exalcalde de Lobios José Lamela Bautista".
- ↑ "Río Caldo recordó la figura de su embajador Xosé Lamela". 15/08/2023. Consultado o 17/09/2023.
- ↑ "O Couto Mixto elixe aos seus Xuíces Honorarios". La Región. 9 de maio de 2015. Consultado o 2020-04-19.
- ↑ "Entrimo albergará el nombramento de Mercedes Vázquez como “Arraiana Maior”". La Región. Consultado o 15-07-2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha en galegos.info
- "Vidas con historia (pax. 141 a 145)". Deputación Ourense. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-09.
- Cristina Huete (25 de marzo de 2011). "La asfixia comenzó cuando rechacé la oferta de Baltar de unirme al PP". El País (en castelán).
Predecesor: Benito Vázquez Vázquez |
Alcalde de Lobios 2007 - 2011 |
Sucesor: María del Carmen Yáñez Salgado |