José Jurado Romero
José Jurado Romero, nado en Tui e finado no mesmo concello o 28 de febreiro de 1971, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Tui, España ![]() |
Morte | 28 de febreiro de 1971 ![]() |
![]() | |
1951 – 1957 ← Rosendo Bugarín Domínguez ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, médico ![]() |
Partido político | Falange Española ![]() |
Familia | |
Pai | Sabino Jurado ![]() |
Irmáns | Sabino Jurado Romero ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Sabino Jurado. Médico casado na Guarda. Membro da Falange da Guarda, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro-síndico da Guarda na corporación presidida por Francisco Moreno Álvarez, pero foi cesado fulminantemente polo Gobernador civil, en vista dos informes sobre os seus excesos na represión contra os republicanos guardeses. Foi nomeado alcalde de Tui o 11 de setembro de 1951. En marzo de 1952 foi elixido deputado provincial.[1] Permaneceu na alcaldía de Tui até o 10 de xullo de 1957. Finou en Tui o 28 de febreiro de 1971.[2]
Vida persoal
editarCasou con María de los Ángeles Alonso Martínez e foi pai de José María e María de los Ángeles Jurado Alonso.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
Predecesor: Rosendo Bugarín Domínguez |
Alcalde de Tui 1951 - 1957 |
Sucesor: Gonzalo Álvarez Besada |