José Germán Fernández
José Germán Fernández, nado en Ribadavia o 5 de febreiro de 1886 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1886 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Morte | 3 de decembro de 1936 ![]() cemiterio de Boisaca, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarSuboficial de Infantaría retirado do Exército pola Lei Azaña. Dirixente do Centro Republicano Federal de Izquierda Republicana do que foi nomeado secretario xeral en xaneiro de 1936[1]. Logo do triunfo do Fronte Popular foi xestor do concello de Santiago de Compostela. Elixido primeiro tenente de alcalde, logo da dimisión de Ánxel Casal foi nomeado alcalde da cidade, cargo que ocupou ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e formou parte do Comité Executivo de Defensa da República presidido por Fernando Barcia Veiras. Foi detido pola Garda civil aos poucos días e encarcerado no Pazo de Raxoi. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi condenado a morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.
Vida persoal
editarCasou con Teresa Sánchez.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 22-1-1936, p. 12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Paz Cabo, Miguel (2020). Ed. Alvarellos. ¡Viva la libertad! La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la Segunda República. Santiago de Compostela. ISBN: 978-84-16460-73-1.
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 272. ISBN 84-8485-186-9.