José García Iglesias
José García Iglesias, nado en Ribadeo en 1889 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1935, foi un político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Morte | 23 de febreiro de 1935 ![]() A Coruña, España ![]() |
Causa da morte | osteosarcoma ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista ![]() |
Familia | |
Fillos | Pepín García García, France García García, Bebel García García ![]() |
Traxectoria
editarTiña representacións de viños de Xerez e sidras de Asturias. Foi fundador da Agrupación Socialista de Ribadeo. Dirixiu o periódico Tribuna Popular. Foi denunciado por José García Reinante, párroco de Vilaselán, polo artigo "Moralidad católica" asinado por O Torto da Portela, aparecido en Tribuna Popular o 2 de xullo de 1914.[1][2] Foi condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro, 125 pesetas de multa e as costas o 20 de febreiro de 1916.[3]
Instalouse na Coruña, onde continuou cos seus negocios e montou unha pequena fábrica de lixivia. Foi secretario da Agrupación Socialista da Coruña en 1931, á que representou no Congreso Extraordinario do PSOE dese ano. En setembro de 1932 foi elixido presidente do Comité Executivo da Agrupación Socialista da Coruña.[4] Foi director de Acción Socialista en 1933. Foi denunciado por inxurias á autoridade en outubro de 1933.[5] Pertenceu á La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento da que foi vogal. Finou na Coruña por osteosarcoma frontal con 46 anos.[6]
Vida persoal
editarCasou con Concepción García Álvarez e foi pai de Pepín, Bebel, Jaurés, France, Voltaire, Concepción, Bélgica e Berthelot García García.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Martín (4-8-2019). "El ribadense Bebel, futbolista del Dépor fusilado, y la trágica vida de Los de la Lejía". La Voz de Galicia, A Mariña: 6. Consultado o 6 de agosto de 2020.