José Francisco Pedrosa Montenegro y Aguiar
bibliotecario e xurista galego
José Francisco Pedrosa Montenegro e Aguiar nada en Galdo (Viveiro) en 1762 e finado no desterro nas Illas Canarias en 1811, foi un intelectual galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1762 Galdo, España |
Morte | 1811 (48/49 anos) Illas Canarias, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | bibliotecario |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:3, p.58) |
Traxectoria
editarEstudou no convento de San Francisco de Viveiro e a partir de 1777 na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi colexial do Colexio de Fonseca a partir de 1783. Doutor en Leis e en Canons, realizou diversas substitucións de cátedras.
En 1792 foi proposto pola Universidade de Santiago ó Consello de Castela como bibliotecario maior, non sendo nomeado ata 1794. Como bibliotecario redactou diversos catálogos da Biblioteca da Universidade (de manuscritos, fondos xerais, libros prohibidos), conservados hoxe na súa maior parte no Arquivo da Universidade.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1954). "Pedrosa Montenegro y Aguiar, José Francisco". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 58.