José Ferreiro Pérez
José Ferreiro Pérez, coñecido como Criollo, nado en Santa Clara (Cuba) o 22 de setembro de 1903, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1903 Santa Clara, Cuba |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Outros nomes | Criollo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarRetornou de Cuba a finais dos anos vinte. Veciño de Escairón, dedicouse ao transporte de mercancías.[1] Foi tesoureiro da Agrupación Republicana do Saviñao e vogal da Organización Republicana Lucense en 1931. Foi elixido oncelleiro do Saviñao en 1931 e militou no Partido Republicano Gallego. En 1934 era vicepresidente da Agrupación Socialista do Saviñao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte ante o temor a ser axustizado. O Xulgado de Monforte de Lemos citouno en febreiro de 1937 sunto con José Losada Ferreiro e Camilo Fernández Rodríguez como denunciados na causa 13/37 por infidelidade na custodia de documentos.[2] Ao rematar a guerra presentouse ao Gobernador civil o 30 de abril de 1939 e foi detido e internado na Prisión de Monforte de Lemos para ser trasladado á prisión de Lugo o 7 de agosto.[3] Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión o 28 de marzo de 1940 na causa 729/36 con Germán López González, foi condenado a 12 anos de prisión. Reducida a pena a dous anos, saíu en liberdade provisional o 26 de agosto de 1940.[4] Volveu ser detido en xullo de 1949 con Sergio Fernández Rodríguez, Jesús García Rodríguez, Antonio Vázquez López, Alejandro Gallardo Blanco, José Ramón Quiroga Quiroga, María Vázquez Arias, Manuel Gallardo Sánchez e Castor Fernández Figueras, por axudar á guerrilla. Foi procesados e xulgado na Coruña pola causa 205/49 con Ramón Somoza García.[5]
Vida persoal
editarCasou con Carmen García López e foi pai de Carmen e José Ferreiro García.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 21-11-1934, p. 12.
- ↑ BOP Lugo, 15-2-1937, p. 2.
- ↑ Expediente procesual de José Ferreiro Pérez, "Criollo"
- ↑ Expediente procesual de José Ferreiro Pérez, "El Criollo"
- ↑ Expediente procesual de José Ferreiro Pérez, "El Criollo"
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López Quiroga, Germán (2007). Historia de un paseo. Santiago de Compostela: Autoedición.
- Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. ISBN 978-84-95773-26-5.