José Dionisio Valladares Gómez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
José Dionisio Valladares Gómez del Río y Rozas, nado en Graba (Silleda) o 23 de xuño de 1787 e finado o 23 de marzo de 1864, foi un político galego.
Nome orixinal | José Dionisio Valladares Gómez del Río y Rozas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xuño de 1787 Graba (Silleda) |
Morte | 23 de marzo de 1864 (76 anos) |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Cónxuxe | María de la Concepción Núñez Morciego |
Fillos | Jacoba, Petra, Marcial, Prima, Segunda, Isabel, Avelina, Sergio, Engracia e Luísa. |
Biografía
editarEstudou no seminario da cidade de Lugo, onde cursos Latinidade, Lóxica, Metafísica e Filosofía Moral. Tras finalizar os estudos en Lugo, trasladouse á Universidade de Santiago de Compostela, onde faría a carreira de Leis co grao de Bacharel nemine discrepante.
Co estoupido da Guerra xorde na Universidade compostelá un movemento patriótico, que deu como resultado a creación dunha compañía formada por estudantes contra a invasión das tropas francesas, denominado Batallón Literario, composto por ao redor 1.200 homes, entre cadetes e oficiais, encadrados en seis compañías e baixo as ordes do brigadier Don Juan Ignacio Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón e Salgado de Sotomayor, marqués de Santa Cruz de Rivadulla. O 18 de xullo o batallón incorpórase no exército mandado polo xeneral Joaquín Blake, onde formaron a vangarda xunto aos voluntarios navarros.
Valladares foi abandeirado no batallón así como un dos primeiros que se alistou.
En outubro de 1817 casou con María de la Concepción Núñez Morciego na capela de don Pedro María de Cisneros, Conde de Ximonde. Ela era filla de José Núñez, avogado de Santiago de Compostela e Vilancosta, e de Teresa Morciego y Población (nada en Rioseco, Valladolid). Xuntos tiveron 10 fillos: Jacoba, Petra, Marcial, Prima, Segunda, Isabel, Avelina, Sergio, Engracia e Luísa.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |