Xosé Deira Triñanes
Xosé Deira Triñanes, nado en Boiro o 29 de febreiro de 1948, é un profesor e político galego vinculado ao BNG.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1948 (76 anos) Boiro, España |
Alcalde de Boiro | |
2003 – 2011 ← Jesús Alonso Fernández – Juan José Dieste Ortigueira → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarLicenciado en Filosofía pola Universidade de Valencia e en Psicoloxía pola Universidade de Madrid, foi profesor de Psicoloxía na Universidade de Santiago. Logo pasou ao ensino medio e impartiu clases en institutos de Cee, Ribeira e Boiro. Foi director do instituto Praia Barraña, de Boiro, entre 1992 e 2003. En 1986 afiliouse a Esquerda Galega, da que foi secretario comarcal e candidato á alcaldía boirense en 1991, se ben non logrou representación. En 1995 integrouse no BNG, do que foi secretario e responsable de política municipal da asemblea local do BNG boirense.
Foi candidato á alcaldía en 1999 pola formación nacionalista; logrou 4 concelleiros (en 1995 non se lograra representación) e quedou na oposición, moi cerca da segunda forza, o PSdeG. En 2003 subeu a 5 concelleiros e foi elixido alcalde de Boiro, tras un pacto co PSdeG-PSOE e ICBoiro, polo cal foron tenentes de alcalde o socialista Juan Jesús Ares González e o exsocialista e exalcalde Manuel Velo Velo, se ben Velo foi expulsado do goberno en setembro de 2006, tralo cal gobernaron nacionalistas e socialistas en minoría o resto do mandato. Nas municipais de 2007 tanto o BNG coma o PSdeG melloraron os seus resultados, cando quedaron os nacionalistas a tan só 14 votos do PPdeG e de ter unha sexta concellaría, mentres que os socialistas subiron de 3 a 4 edís, polo que ámbalas forzas puideron gobernar con maioría absoluta durante toda a lexislatura. Nas municipais de 2011 perdeu o 10% dos votos e un concelleiro, co que a alcaldía pasou de novo ao PPdeG, que logrou a maioría absoluta ante o descenso dos nacionalistas e dos demais grupos de esquerdas da corporación (socialistas e ICBoiro).
Predecesor: Jesús Alonso Fernández |
Alcalde de Boiro 2003 - 2011 |
Sucesor: Juan José Dieste |