José Antonio Nieto
José Antonio Nieto Ballesteros, nado en Guadalcázar o 10 de abril de 1970, é un político español de ámbito local do Partido Popular. É licenciado en Dereito pola Universidade de Córdoba. Desde o 11 de xuño de 2011, é o alcalde da cidade de Córdoba.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1970 (54 anos) Guadalcázar, España |
Secretario de Estado de Seguridade de España | |
18 de novembro de 2016 – 14 de xuño de 2018 ← Francisco Martínez Vázquez (en) – Ana Botella Gómez → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
11 de xullo de 2016 – 25 de novembro de 2016 – Isabel Cabezas Regaño → Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Córdoba (en) Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Córdoba (en) Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Alcalde de Córdoba | |
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015 ← Andrés Ocaña Rabadán – Isabel Ambrosio → | |
Deputado do Parlamento de Andalucía | |
9 de marzo de 2008 – 11 de novembro de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Córdoba - licenciatura en Dereito |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Popular (1994–) Centro Democrático y Social (1991–1993) |
Premios | |
Biografía
editarEntre 1991 e 1993 ocupa o cargo de secretario provincial do Centro Democrático e Social (CDS), partido polo que se presenta a senador nas eleccións xerais de 1993, sen éxito. Pouco despois pasa ao Partido Popular. Entre 1995 e 1999 é concelleiro en Guadalcázar, pasando ese ano a ser concelleiro do Partido Popular na cidade de Córdoba.
Tamén foi coordinador electoral rexional do PP andaluz e vicesecretario xeral de Formación e Electoral do PP de Córdoba até o mes de decembro de 2002, cando é designado número dous do partido na provincia. A partir das eleccións municipais de 2003, substitúe a Rafael Merino como portavoz no Concello de Córdoba. En febreiro de 2006, e tras a dimisión de María Jesús Botella, faise cargo da presidencia provincial do PP.
O 28 de xuño de 2006 é elixido candidato á alcaldía de Córdoba polo Partido Popular. Nas eleccións municipais de 2007, o seu partido é o máis votado, obtendo o 43,96% dos votos e 14 concelleiros, mais un pacto entre o PSOE e Izquierda Unida, con 4 e 11 concelleiros respectivamente, mándao á oposición.
En 2008 é o cabeza de lista por Córdoba para as eleccións autonómicas de 2008 conseguindo un escano no Parlamento andaluz en marzo. En novembro é reelixido presidente do Partido Popular de Córdoba durante o XIII Congreso Provincial do Partido Popular cun 96% de votos a favor.[1] Nas eleccións municipais de 2011 gañou a alcaldía de Córdoba ao obter o PP a maioría absoluta do concello con 79.493 votos (48,80%) e 16 concelleiros.
Notas
editar- ↑ Sueño con ser alcalde para que el PP haga progresar Córdoba; no es un reto personal Arquivado 28 de decembro de 2008 en Wayback Machine., entrevista na edición de Córdoba de ABC. 1 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2012.
Predecesor: María Jesús Botella |
Presidente do PP de Córdoba 2006-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Andrés Ocaña Rabadán |
Alcalde de Córdoba 11 de xuño de 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |