José Antonio Martín Curty
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Jose A. Martin Curty nado en Vigo en 1952, é un arquitecto galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarTitulación de arquitecto superior con especialidade en Urbanismo pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1977. Entre 1981 e 1983 cursos de doutoramento: Arquitectura española no século XX, A historia crítica da arquitectura en Madrid do século XX, Historia da construción XVIII e XIX, Historia da arquitectura hispánica e Historia da arquitectura contemporánea.
En 1988 presentou na Escola Técnica superior de Arquitectura de Madrid a tese de doutoramento Dibujando jardinería en los pazos de la región de Vigo, XVII, XIX y XX, coa que obtivo a cualificación cum laude.
Un resumo deste traballo de doutoramento sería a súa primeira publicación: "Los jardines cerrados" (C.O.A.G. 1988), e seguirían, en colaboración coa cidade de Vigo, "Castrelos: aproximación arquitectónica" (1989), "Pacewicz, Arquitecto Vigués" (1992) e en colaboración co Instituto de Estudios Vigueses, "Historia de la Alameda" (1994). Colaborou nas publicacións periódicas do C.O.A.G. "Boletín" e "Obradoiro", así como en varias revistas especializadas Zadas: "Mercado inmobiliario", "A.P.P.C." etc.
Participou en numerosos congresos: Recuperación da acrópole (Atenas, 1983), XXII Congreso Nacional de Arqueoloxía (1993), Uso-Didáctica do museo (1993/94), así como a presentación "La comisión de cultura en las escuelas de arquitectos ” dentro do Congreso Nacional de Facultades de Arquitectos, Santiago de Compostela (1992). Foi o terceiro director do Instituto de Estudos de Vigueses. Ten un grupo de música “LA Comisaría ”e canta na Praza da Estrela, nas noites de verán, diante do Mar, honrando o Vigo Ye-Yé.[1]
Obra bibliográfica
editar- Ciclo de conferencias "Centenario Pacewicz 1921-2021", (Vigo, outubro de 2020)
- Vigo y la Segunda Guerra Mundial (II). La prensa de Vigo en la Segunda Guerra Mundial
- Cines de Vigo[2]
- Edificio Rubira (1880-1967)[3]
- Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia : Instituto de Estudios Vigueses, 2000. ISBN 84-89599-17-3
- Historia de la Alameda: (Vigo, 1828-1978)[4]
- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1994. ISBN 84-85665-24-4
- Pacewicz, arquitecto vigués[5]
- Castrelos: aproximación arquitectónica
- Los Jardines cerrados: trazados de jardinería pacega en la comarca de Vigo : siglos XVIII, XIX y XX
Notas
editar- ↑ Canciones escritas por José Antonio Martín Curty
- ↑ A., Martín Curty, José (2004). Cines de Vigo. Instituto de Estudios Vigueses. OCLC 433373409.
- ↑ A., Martín Curty, José (2000). Edificio Rubira : (1880-1967). OCLC 954668833.
- ↑ Mosquera, Javier. "JOSE ANTONIO MARTIN CURTY, Arquitecto, autor del libro "Historia de la Alameda": "La Alameda fue durante muchos años el ágora de la ciudad"". Faro de Vigo. Consultado o 06-06-2022.
- ↑ A., Martín Curty, José (D.L. 1992). Pacewicz, arquitecto vigués. Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. OCLC 434776246.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Instituto de Estudios Vigueses (2011). "José Antonio Martín Curty". "GLAUCOPIS" BOLETÍN DO INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES Nº 16: 636.