José Antonio Gago
político español
José Antonio Gago Lorenzo, nado en 1932 e finado o 10 de outubro de 1994, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 ![]() |
Morte | 1994 ![]() |
![]() | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
![]() | |
5 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarArquitecto técnico de profesión, foi xestor administrativo. Foi presidente da Asociación Provincial de Autoescolas, vocal da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa e tenente de Alcalde do concello de Vilagarcía de Arousa ata abril de 1979. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra por UCD na lexislatura constituínte (1977-1979) e na I lexislatura (1979-1982). Presidente do Partido Demócrata Popular, foi deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular na II lexislatura (1985-1989).