Jorge Verstrynge

político español

Jorge Verstrynge Rojas, nado en Tánxer o 22 de setembro de 1948, é un politicólogo franco-español, doutor en Ciencias Políticas,[1] e profesor titular desa materia na Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en Xeopolítica, Partidos Políticos, Mundialización e Inmigración.

Modelo:BiografíaJorge Verstrynge

(2009) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Jorge Verstrynge Rojas Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Tánxer, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
12 de novembro de 1982 – 15 de xullo de 1986

Circunscrición electoral: Sevilla

Secretario Xeral Alianza Popular
1979 – 1986
← Manuel Fraga IribarneAlberto Ruiz-Gallardón → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - socioloxía, ciencia política (–1976)
Universidade Complutense de Madrid - ciencia política, socioloxía (–1972) Editar o valor en Wikidata
Director de teseLuis González Seara Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía militar e Xeopolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, analista político, profesor universitario, sociólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPodemos (2014–)
Partido Socialista Obrero Español (1993–2003)
Alianza Popular (1976–1986)
Reforma Democrática (1976–1977) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMercedes Revuelta (1995–)
María Vidaurreta (1972–1989), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosSigfrido Verstrynge Vidaurreta
 () María Vidaurreta
Eric Verstrynge Vidaurreta
 () María Vidaurreta
Lilith Verstrynge
 () Mercedes Revuelta
René Verstrynge Revuelta
 () Mercedes Revuelta Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3162994 BNE: XX1092692 Dialnet: 32777 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pasou a infancia na súa cidade natal, a mocidade en Francia e posteriormente trasladouse a España a cursar Ciencias Políticas e Socioloxía (especialidade en Estudos Internacionais), na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose en 1972. Doutorouse en 1976 coa tese Los efectos de la guerra en la sociedad industrial.

Comezou a súa carreira política no seo do neofascismo francés, evolucionando despois cara ao nacionalcomunismo, segundo confesa no seu libro Memorias de un maldito. Alumno de Manuel Fraga na universidade, foi un dos fundadores de Reforma Democrática, embrión do que logo sería Alianza Popular. Foi deputado nacional (1982-1989) e Secretario Xeral de Alianza Popular entre 1979 e 1986, aínda que con anterioridade ocupara a Secretaría de Acción Territorial (1976-1978) e a Secretaría de Organización (1978-1979). Candidato á alcaldía de Madrid no 1983 por AP, resultou derrotado polo socialista Enrique Tierno Galván. Tras verse obrigado a dimitir polo seu enfrontamento con Manuel Fraga o 1 de setembro de 1986, evolucionou ideoloxicamente para posturas políticas socialistas e europeístas e, actualmente, marxistas e antimundializadoras.

Formou parte do Partido Socialista Obreiro Español, aínda que sen ocupar ningún cargo de importancia. Posteriormente foi asesor do político comunista catalán Francisco Frutos, ao que dixo considerar un político sincero e intelixente.

Obras publicadas

editar

Ensaio

editar
  • Una sociedad para la guerra, 1979.
  • Memorias de un maldito, 1999.
  • La guerra periférica y el Islam revolucionario, 2005.
  • Rebeldes, revolucionarios y refractarios, 2006.
  • Frente al Imperio, 2007.
  • Proteccionismo y economías de gran espacio, 2009.
  • ¡Viva la desobediencia!, 2011, Península.
  • Contra quiénes luchar, 2013, Península.
  1. "Ficha no Congreso dos Deputados". Consultado o 10-07-2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar