Jorge Lorenzo
Jorge Lorenzo Guerrero, nado en Palma o 4 de maio de 1987, é un piloto de motociclismo español. É bicampeón do mundo de 250cc despois de conseguilo nas temporadas 2006 e 2007, foi campión do mundo de MotoGP en 2010, 2012 e 2015.
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jorge Lorenzo Guerrero 4 de maio de 1987 (37 anos) Palma, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | motorcycle development rider (en) (2021–), piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, comentarista deportivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Motociclismo de velocidade automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 99 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | jorgelorenzo.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Despois de acadar tres campionatos do mundo con Yamaha, no ano 2017 pasou a marca italiana Ducati.
Traxectoria
editarInicios
editarO seu pai, Chicho Lorenzo (nado en Caracas fillo de pais galegos[1]) montoulle a súa primeira moto aos 3 anos. Empezou en diversas categorías do campionato balear conseguindo o seu primeiro éxito nacional ao gañar a copa Aprilia de 50cc e a de 125cc. Grazas a isto deu o salto ao campionato de España de 125cc e ao campionato europeo onde conseguiu varios podios e vitorias.
125cc
editarNo ano 2002 Derbi fixouse nel e no seu 15º aniversario pasou a ser o piloto máis novo en participar nun Gran Premio de Motociclismo, ao participar no Gran Premio de Jerez do ano 2002 na categoría de 125cc. Esa temporada rematou no posto 21º do campionato de pilotos.
En 2003 conseguiu a súa primeira vitoria en 125cc con Derbi no Gran Premio do Brasil terminando no posto número 12 da clasificación.
2004 foi a consagración como piloto na categoría de 125cc ao gañar 3 grandes premios e terminar 4º na clasificación.
250cc
editarEn 2005, logo de correr durante tres temporadas en 125cc, deu o salto á categoría de 250cc cunha Honda RSW250 do equipo Fortuna Honda dirixido por Daniel Amatriain tendo como compañeiro a Héctor Barberá, acadando na súa temporada de debut na categoría 6 podios e 4 pole position, co que acabou en quinta posición ao final de campionato.
No 2006 o equipo dirixido por Daniel Amatriain cambiou de montura, trocando a Honda por Aprilia, co que Lorenzo pasou a pilotar a Aprilia RS250, sendo xa piloto oficial de Aprilia. Este cambio supuxo o seu primeiro título mundial con 8 triunfos en carreiras do mundial.
No 2007 volveu gañar o campionato do mundo de 250cc moito máis comodamente que na temporada anterior ao gañar 9 carreiras.
MotoGP
editarNa temporada 2008 Lorenzo pasou á categoría raíña ao asinar co equipo oficial de Yamaha, sendo o seu compañeiro de equipo o oito veces campión do mundo Valentino Rossi.
Aínda que Rossi e Lorenzo levan a mesma montura non usarán o mesmo provedor de pneumáticos: Lorenzo usará Michelin e Rossi montará Bridgestone, despois do bo rendemento dos pneumáticos nipóns no 2007.
O 8 de marzo de 2008, Jorge Lorenzo logrou a pole na súa primeira carreira na categoría raíña do motociclismo.
Un día despois, na súa primeira carreira en MotoGP, conseguiu subir ao podio en segunda posición, por detrás de Casey Stoner e diante de Dani Pedrosa.
Na segunda carreira da temporada, no circuíto de Jerez, conseguiu a segunda pole position da súa carreira, facéndoo por segunda carreira consecutiva, polo que pasou a ser o primeiro piloto, novato na categoría raíña en facer dúas poles nas dúas primeiras carreiras da temporada. Ao final da carreira finalizaría en 3ª posición, por detrás do seu compañeiro de equipo, Valentino Rossi e o español Dani Pedrosa.
No Gran Premio de Portugal (partindo por 3ª vez consecutiva desde a pole); conseguiu a súa primeira vitoria en MotoGP logo de abrir un pequeno oco a metade de carreira despois dunha disputa corpo a corpo con Valentino Rossi e Dani Pedrosa, que foron terceiro e segundo respectivamente. Nesta carreira pasou a ser líder do Mundial, compartido con Pedrosa, acadándoo por primeira vez nesta categoría.
En 2009 Jorge Lorenzo e o seu compañeiro de equipo, Valentino Rossi, protagonizan unha das carreiras máis axustadas dos últimos anos, no gran premio de Cataluña, sendo o gañador Rossi quen adiantou a Lorenzo na última curva do circuíto.[2] Tras finalizar a carreira Jorge admitiu estar orgulloso xa que perdeu co mellor, pero estando orgulloso da súa participación.
En 2010 outra vez Jorge Lorenzo e Valentino Rossi protagonizan unha gran loita no gran premio do Xapón, pelexando de xeito conxunto polo terceiro lugar do podio, quedando por diante Rossi con quen protagonizou varios adiantamentos na última volta, demostrando maior experiencia o piloto transalpino tras unha tempada de resultados irregulares.[3]
O día 10 de outubro de 2010, no gran premio de Malaisia, Jorge Lorenzo proclamouse campión do mundo de MotoGP terminando a carreira en terceira posición, gañou as seguintes probas e coroouse coa marca de puntos da categoría, un total de 383 puntos.
Palmarés
editarPor tempada
editarTempada | Categoría | Moto | Carreiras disputadas | Vitorias | Podios | Poles | Voltas rápidas | Puntos | Posición final |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002 | 125 cc | Derbi | 14 | 0 | 0 | 0 | 0 | 21 | 21º |
2003 | 125 cc | Derbi | 16 | 1 | 2 | 1 | 1 | 79 | 12º |
2004 | 125 cc | Derbi | 16 | 3 | 7 | 2 | 2 | 179 | 4º |
2005 | 250 cc | Honda | 15 | 0 | 6 | 4 | 0 | 167 | 5º |
2006 | 250 cc | Aprilia | 16 | 8 | 11 | 10 | 1 | 289 | 1º |
2007 | 250 cc | Aprilia | 17 | 9 | 12 | 9 | 3 | 312 | 1º |
2008 | MotoGP | Yamaha | 17 | 1 | 6 | 4 | 1 | 190 | 4º |
2009 | MotoGP | Yamaha | 17 | 4 | 12 | 5 | 4 | 261 | 2º |
2010 | MotoGP | Yamaha | 18 | 9 | 16 | 7 | 4 | 383 | 1º |
2011 | MotoGP | Yamaha | 16 | 3 | 10 | 2 | 2 | 260 | 2º |
2012 | MotoGP | Yamaha | 18 | 6 | 16 | 7 | 5 | 350 | 1º |
2013 | MotoGP | Yamaha | 17 | 8 | 14 | 4 | 2 | 330 | 2º |
2014 | MotoGP | Yamaha | 18 | 2 | 11 | 2 | 0 | 253 | 3º |
2015 | MotoGP | Yamaha | 18 | 7 | 12 | 5 | 2 | 330 | 1° |
2016 | MotoGP | Yamaha | 18 | 4 | 10 | 4 | 2 | 233 | 3º |
Total | 250 | 65 | 144 | 65 | 35 | 3504 |
Carreiras por ano
editar(As carreiras en negra indican as pole position, as carreiras en cursiva indican volta rápida)
Tempada | Categoría | Moto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002 | 125 cc | Derbi | XAP | RSA | ESP 22 |
FRA 19 |
ITA 20 |
CAT 14 |
HOL 16 |
GBR 13 |
ALE 17 |
CHE 20 |
POR Ret |
BRA 7 |
PAC 9 |
MAL 20 |
AUS Ret |
VAL 22 |
21º | 21 | ||
2003 | 125 cc | Derbi | XAP Ret |
RSA 24 |
ESP 15 |
FRA Ret |
ITA Ret |
CAT 6 |
HOL Ret |
GBR Ret |
ALE 21 |
CHE 12 |
POR 6 |
BRA 1 |
PAC Ret |
MAL 3 |
AUS 8 |
VAL 11 |
12º | 79 | ||
2004 | 125 cc | Derbi | RSA 16 |
ESP Ret |
FRA 3 |
ITA 10 |
CAT 5 |
HOL 1 |
BRA Ret |
ALE 6 |
GBR 3 |
CHE 1 |
POR 3 |
XAP 7 |
QAT 1 |
MAL Ret |
AUS 2 |
VAL Ret |
4º | 179 | ||
2005 | 250 cc | Honda | ESP 6 |
POR 10 |
CHN 9 |
FRA 5 |
ITA 2 |
CAT Ret |
HOL 3 |
GBR 8 |
ALE Ret |
CHE 2 |
XAP Ret |
MAL Ex |
QAT 2 |
AUS 3 |
TUR 4 |
VAL 2 |
5º | 167 | ||
2006 | 250 cc | Aprilia | ESP 1 |
QAT 1 |
TUR Ret |
CHN 4 |
FRA Ret |
ITA 1 |
CAT 2 |
HOL 1 |
GBR 1 |
ALE 3 |
CHE 1 |
MAL 1 |
AUS 1 |
XAP 3 |
POR 5 |
VAL 4 |
1eiro | 289 | ||
2007 | 250 cc | Aprilia | QAT 1 |
ESP 1 |
TUR 2 |
CHN 1 |
FRA 1 |
ITA 8 |
CAT 1 |
GBR Ret |
HOL 1 |
ALE 4 |
CHE 1 |
SMR 1 |
POR 3 |
XAP 11 |
AUS 1 |
MAL 3 |
VAL 7 |
1eiro | 312 | |
2008 | MotoGP | Yamaha | QAT 2 |
ESP 3 |
POR 1 |
CHN 4 |
FRA 2 |
ITA Ret |
CAT Inj |
GBR 6 |
HOL 6 |
ALE Ret |
EUA Ret |
CHE 10 |
SMR 2 |
IND 3 |
XAP 4 |
AUS 4 |
MAL Ret |
VAL 8 |
4º | 190 |
2009 | MotoGP | Yamaha | QAT 3 |
XAP 1 |
ESP Ret |
FRA 1 |
ITA 2 |
CAT 2 |
HOL 2 |
EUA 3 |
ALE 2 |
GBR Ret |
CHE Ret |
IND 1 |
SMR 2 |
POR 1 |
AUS Ret |
MAL 4 |
VAL 3 |
2º | 261 | |
2010 | MotoGP | Yamaha | QAT 2 |
ESP 1 |
FRA 1 |
ITA 2 |
GBR 1 |
HOL 1 |
CAT 1 |
ALE 2 |
EUA 1 |
CHE 1 |
IND 3 |
SMR 2 |
ARA 4 |
XAP 4 |
MAL 3 |
AUS 2 |
POR 1 |
VAL 1 |
1eiro | 383 |
2011 | MotoGP | Yamaha | QAT 2 |
ESP 1 |
POR 2 |
FRA 4 |
CAT 2 |
GBR Ret |
HOL 6 |
ITA 1 |
ALE 2 |
EUA 2 |
CHE 4 |
IND 4 |
SMR 1 |
ARA 3 |
XAP 2 |
AUS DNS |
MAL C |
VAL |
2º | 260 |
2012 | MotoGP | Yamaha | QAT 1 |
SPA 2 |
POR 2 |
FRA 1 |
CAT 1 |
GBR 1 |
NED Ret |
ITA 2 |
GER 1 |
USA 2 |
IND 2 |
CZE 2 |
RSM 1 |
ARA 2 |
XAP 2 |
MAL 2 |
AUS 2 |
VAL Ret |
1º | 350 |
2013 | MotoGP | Yamaha | QAT 1 |
AME 3 |
SPA 3 |
FRA 7 |
ITA 1 |
CAT 1 |
NED 5 |
GER DNS |
USA 6 |
IND 3 |
CZE 3 |
GBR 1 |
RSM 1 |
ARA 2 |
MAL 3 |
AUS 1 |
XAP 1 |
VAL 1 |
2º | 330 |
Notas
editar- ↑ "Chicho Lorenzo: ´Mi hijo ha llegado donde quería, me gustaría que se retirara ya´", entrevista en La Opinión de A Coruña, 21 de novembro de 2012 (en castelán).
- ↑ "Rossi gana el primer gran pulso contra Lorenzo". elcorreoweb.es (en castelán). Consultado o 2022-04-14.
- ↑ as.com (4 de outubro de 2010). ""Así soy yo en la última vuelta"". Consultado o 04-10-2010.