Jordi Hereu
Jordi Hereu i Boher, nado en Barcelona o 14 de xuño de 1965, é un político catalán, alcalde de Barcelona dende 2006 até 2011, e militante do Partit dels Socialistes de Catalunya dende 1987.
![]() (2008) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1965 ![]() Barcelona, España ![]() |
![]() | |
21 de novembro de 2023 – ← Héctor Gómez Hernández (pt) ![]() Nomeado por: Pedro Sánchez | |
Presidente Hispasat | |
2020 – 2023 | |
Board member (en) ![]() ![]() | |
24 de xullo de 2019 – | |
![]() | |
15 de xullo de 2011 – 30 de marzo de 2012 – Francesc Serrano Villarroya (en) ![]() | |
![]() | |
8 de setembro de 2006 – 1 de xullo de 2011 ← Joan Clos – Xavier Trias → Electo en: Eleccións municipais de España de 2007 | |
![]() | |
13 de xuño de 1999 – 13 de febreiro de 2012 Electo en: 1999 Barcelona City Council election (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Esade ESADE Business School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partit dels Socialistes de Catalunya ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
En outubro de 2020 anunciouse que sería o novo presidente de Hispasat, a proposta da SEPI.[1]
Dende 2023 é o ministro de Industria e Turismo do goberno de España.
Traxectoria
editarPasou a súa infancia no casco antigo do barrio de Sant Gervasi, a onde a súa familia se trasladou por obrigacións do negocio familiar (o seu pai era empresario do sector lácteo), logo de residir en Ciutat Vella e no Eixample. A súa familia, non obstante, é orixinal da comarca catalá do Pallars Jussà.
Cando era pequeno e mozo, Hereu foi escolta e cursou os seus estudos primarios e o bacharelato na Escola Sant Gregori, un centro escolar en Sarrià-Sant Gervasi que destacaba polo seu talante democrático. Posteriormente licenciouse en Administración e Dirección de Empresas e obtivo un MBA en ESADE. Foi membro das asociacións de estudantes AIESEC e Empresa Joventut entre 1986 e 1988.
Hereu está casado e ten dous fillos. Entre as súas afeccións destaca a lectura, o cinema e a música.
Alcalde de Barcelona
editarO 29 de agosto de 2006 anunciouse a súa designación como candidato do seu partido a suceder a Joan Clos á fronte da alcaldía da cidade, cuxo substitución tivo lugar o 8 de setembro de 2006, debido á designación de Clos como responsable do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Nos comicios electorais do 27 de maio de 2007, a lista encabezada por Jordi Hereu foi a máis votada, conseguindo 14 concelleiros. Co apoio de Iniciativa per Catalunya, Hereu foi novamente investido Alcalde o 16 de xuño de 2007.
O 22 de maio de 2011 perdeu as eleccións contra Xavier Trias de CiU, que foi investido alcalde o 1 de xullo.
Ministro de Industria e Turismo
editarEn novembro de 2023, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, propuxo a Hereu como novo ministro de Industria e Turismo.[2] Após ser nomeado polo rei Filipe VI, tomou posesión do cargo o 21 de novembro de 2023 no palacio da Zarzuela.[3]
Notas
editar- ↑ Moreno, Álvaro (2020-10-09). "El consejo de Hispasat aprueba el nombramiento de Jordi Hereu como presidente". Elconfidencial.com (en castelán).
- ↑ "Jordi Hereu, ministro de Industria". Expansión (en castelán). 2023-11-20.
- ↑ Caballero, Álvaro (2023-11-21). "El Gobierno echa a andar con la toma de posesión de los ministros". RTVE.es (en castelán).
Predecesor: Joan Clos |
Alcalde de Barcelona 2006-2011 |
Sucesor: Xavier Trias |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jordi Hereu |