Jonathan Nolan
Jonathan "Jonah" Nolan, nado en Londres o 6 de xuño de 1976,[1] é un guionista, produtor de televisión, director e autor británico-estadounidense. É o creador da serie da CBS Person of Interest (2011–2016) e cocreador da serie de ciencia ficción da HBO Westworld (2016–presente).
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1976 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Educación | Universidade de Georgetown ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guionista, produtor creador, produtor de televisión, actor de televisión, produtor delegado, produtor de cinema, escritor, realizador ![]() |
Período de actividade | 1997 ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Lisa Joy (2009–) ![]() |
Irmáns | Christopher Nolan ![]() |
Parentes | John Nolan, tío paterno ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Nolan colaborou en diversos filmes co seu irmán, o director Christopher Nolan, que adaptou a historia curta de Jonathan "Memento Mori" no filme neo-noir Memento (2000). Os dous irmáns escribiron xuntos o guión do suspense O prestixio (2006), o filme de superheroes O cabaleiro escuro (2008) e O cabaleiro escuro: a lenda renace (2012), ademais do filme de ciencia ficción Interstellar (2014).
Nolan foi nomeado ó Oscar ó mellor guión orixinal por Memento, e ós Premios Primetime Emmy ó mellor guión e mellor dirección dunha serie dramática por Westworld, entre outros galardóns.
Notas
editar- ↑ Flans, Lindsay (6 de xuño de 2013). The Hollywood Reporter, ed. "FilmDistrict's Kimberly Smith Weds, Producer-Director Neil Mandt Engaged: Hitched, Hatched, Hired". Consultado o 6 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jonathan Nolan |
Ligazóns externas
editar- Jonathan Nolan na IMDb (en inglés).