Jon Stewart
Jon Stewart, nado Jonathan Stuart Leibowitz o 28 de novembro de 1962[1] en Nova York, é un satirista político, presentador de televisión, actor e humorista estadounidense, amplamente coñecido no seu país como o presentador de The Daily Show, un informativo satírico que emite Comedy Central.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-us) Jonathan Stuart Leibowitz ![]() 28 de novembro de 1962 ![]() Nova York (Estados Unidos de América) ![]() |
Relixión | Xudaísmo ![]() |
Educación | The College of William and Mary (–1984) Lawrence High School (en) ![]() ![]() |
Altura | 170 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | humorista, xornalista, actor de televisión, produtor de cinema, produtor de televisión, comentarista político, escritor, director de cinema, guionista, actor de cinema, presentador de televisión, actor ![]() |
Período de actividade | 1987 ![]() |
Partido político | Partido Demócrata ![]() |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Jon Stewart ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarStewart comezou como humorista na década de 1980, chegou á televisión como presentador en 1991 de Short Attention Span Theater de Comedy Central. En 1992tivo o seu propio programa na MTV chamado You Wrote It, You Watch It, e posteriormente tivo outro programa na cadea The Jon Stewart Show (1993-1995) e en 1999 converteuse no presentador de The Daily Show substituíndo a Craig Kilborn, sendo tamén un dos produtores executivos e guionistas do programa centrándoo máis cara a política, levou un Emmy en 2001 e dous Peabody. Tamén actuou en varias películas como Big Daddy (1998) ou Death to Smoochy (2002).
Stewart gañou recoñecemento coa súa crítica satírica e acerba de personalidades dos medios de comunicación, en particular da CNN, Fox News Channel e MSNBC.[2] Os críticos afirman que Stewart pretende tratar de vez á política como unha broma e dar leccións de civismo.[3][4] Stewart concorda, dicindo que nin o seu programa nin a súa canle pretende outra cousa que a sátira e a comedia, aínda así o seu programa foi candidato e gañou premios pola súa cualidade xornalística e informativa. Stewart presentou os premios Óscar en dúas ocasións (2006 e 2008) e é coautor do libro America (The Book): A Citizen's Guide to Democracy Inaction, que foi un dos libros máis vendidos nos Estados Unidos en 2004[5] e Earth (The Book): A Visitor's Guide to the Human Race editado en 2010.
Notas
editar- ↑ Jeremy Gillick; Nonna Gorilovskaya (November/December 2008). "Meet Jonathan Stuart Leibowitz (aka) Jon Stewart: The wildly zeitgeisty Daily Show host". Moment. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2011. Consultado o 2009-08-10.
- ↑ "Awards for Jon Stewart". Internet Movie Database. Consultado o April 23, 2008.
- ↑ Tucker, Ken (November 1, 2004). "You Can't Be Serious!". New York. Consultado o July 26, 2006.
- ↑ "CNN CROSSFIRE". CNN. Consultado o April 23, 2008.
- ↑ "The top 100 selling books of 2004". USA Today. December 20, 2004. Consultado o November 6, 2006.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jon Stewart |