John Wyndham
John Wyndham Parkes Lucas Beynon Harris, nado o 10 de xullo de 1903 en Knowle e finado en 1969, foi un escritor británico.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Wyndham Parkes Lucas Beynon Harris ![]() 10 de xullo de 1903 ![]() Dorridge, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 11 de marzo de 1969 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Educación | Bedales School (en) ![]() Blundell's School (en) ![]() Shardlow Hall (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Lista de escritores de ficção científica (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | escritor de ciencia ficción, guionista, escritor, novelista, marchante de arte ![]() |
Período de actividade | 1931 ![]() |
Xénero artístico | Literatura de ciencia ficción ![]() |
Pseudónimo literario | John Wyndham John Beynon Lucas Parkes ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico ![]() |
Conflito | segunda guerra mundial ![]() |
Familia | |
Pais | George Beynon Harris ![]() ![]() |
Irmáns | Vivian Beynon Harris ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo dun avogado, intentou varias profesións (desde agricultor ata tratante de arte ou publicista) ata que comezou a escribir a finais dos 30, onde os seus relatos curtos detectivescos ou de ficción científica alcanzaron un éxito limitado. Enrolouse no exército da súa Maxestade durante a segunda guerra mundial, e participou no desembarco en Normandía. Este feito marcaríalle tan profundamente que supuxo que logo da guerra decantásese polas historias catastróficas e apocalípticas, principalmente de invasións extraterrestres. Por exemplo, o seu maior éxito, 'The Day of the Triffids', que está escrito xusto tras terminar a guerra, é fundamentalmente unha historia de invasión de Gran Bretaña por parte de "estranxeiros" (neste caso, os Trífidos).
Wyndham non gustaba de publicitarse, e é pouco o que se coñece da súa vida.
Estilo
editarA obra de Wyndham mestura ficción científica con horror. Por exemplo, Os coitelos de Midwich na súa versión cinematográfica deu orixe a O pobo dos malditos, unha historia onde a invasión de extraterrestres faise mediante o nacemento -simultáneo- duns estraños pícaros de tódalas mulleres fértiles do pobo de Midwich. Nenos todos louros, de ollos azuis, moi intelixentes e, como se descobre posteriormente, con poderes telepáticos. A propia O día dos trífidos é a historia da loita contra unhas perigosas plantas carnívoras andantes por parte dunha humanidade cegada por unhas estrañas luces no ceo e en O kraken axexa, a invasión extraterrestre provén do fondo do mar. O máis terrible destas historias é que a humanidade non se enfronta con terribles monstros, senón con situacións aparentemente "normais": a Wyndham encántalle describir os pobos da campiña inglesa, eses mesmos pobos que serán invadidos por horrorosos aliens.
A evolución é un tema sempre presente nas súas obras. A maioría dos aliens invasores podemos interpretalos como especies mellor adaptadas que o home que se fan co control da contorna que os rodea. Neste sentido, 'The Chrysalids' é a súa obra máis paradigmática. Nela describe o fundamentalismo xenético xurdido nunha sociedade posnuclear, que obriga a sacrificar a calquera afectado por unha malformación.
Obra
editarNovelas
editar- The Day of the Triffids (1951)
- The Kraken Wakes (1953)
- The Chrysalids (1955)
- The Midwich Cuckoos (1957)
- Trouble with Lichen (1960)
Antoloxías de relatos
editar- The Seeds of Time (1956)