John Searle
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2013.) |
John Rogers Searle, nado en Denver o 31 de xullo de 1932, é un filósofo norteamericano.
![]() (2015) ![]() | |
Nome orixinal | (en) John Rogers Searle ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de xullo de 1932 ![]() Denver, Estados Unidos de América ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Christ Church College Universidade de Wisconsin-Madison Shorewood High School (en) ![]() ![]() |
Director de tese | Peter Geach (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía da linguaxe e Filosofía da mente ![]() |
Ocupación | filósofo, investigador da intelixencia artificial, profesor universitario, lingüista ![]() |
Empregador | Universidade de California, Berkeley ![]() |
Membro de | |
Movemento | Filosofía analítica ![]() |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Medvik >>>:Searle, John R., 1932-, ![]() Universidade de Colonia, ![]() ![]() |
Sitio web | ist-socrates.berkeley.edu… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a súa educación universitaria na Universidade de Wisconsin-Madison e posteriormente obtivo un diploma de graduación e un doutoramento en filosofía e ética na Universidade de Oxford. Comezou a ensinar en Berkeley en 1959, onde foi o primeiro profesor titular en participar no movemento estudantil a prol da liberdade de expresión na universidade. Searle recibiu no ano 2000 o Premio Jean Nicod, que é un premio concedido anualmente en París, para un filósofo líder na área de Filosofía da Mente ou filosoficamente orientado a ciencia cognitiva. Obtivo títulos honoris causa da Universidade de Adelphi (1993), da Universidade de Wisconsin (1994), Universidade de Turín (2000), Universidade de Bucarest (2000) e a Universidade da Suíza Italiana (2003).
Pensamento
editarSeguindo aos seus mestres Austin e Peter Strawson, sostén que os enunciados non son soamente verificativos; para el dicir é facer. O mero dicir forma parte do ámbito da acción humana. O exemplo da promesa é o máis claro.
Falar unha linguaxe é tomar parte nunha forma de conduta rexida por regras. Aprendelo é dominar esas regras. Estas poden ser regulativas dunha actividade preexistente ou constitutivas cando a actividade depende loxicamente delas.
A unidade básica ou mínima da comunicación xa non é o símbolo, a palabra ou a oración senón os actos da fala. Incluso nos enunciados de aparencia descritiva incorporan un facer: o acto de afirmar e informar. A un locutor en primeira persoa lle corresponde un interlocutor en segunda persoa, destinatario da mensaxe.
A razón non é un mero dispositivo mecánico, nin a conduta humana está determinada como efecto dalgunhas premisas. Existe unha creba entre os condicionantes da acción e a acción mesma.
Obras
editar- Speech Acts: An Essay in the Philosophy of Language (1969)
- Expression and Meaning: Studies in the Theory of Speech Acts (essay collection; 1979)
- Intentionality: An Essay in the Philosophy of Mind (1983)
- Minds, Brains and Science: The 1984 Reith Lectures (lecture collection; 1984)
- The Rediscovery of the Mind (1992)
- The Mystery of Consciousness (review collection; 1997)
- Mind, Language and Society: Philosophy in the Real World (summary of earlier work; 1998)
- Consciousness and Language (essay collection; 2002)
- Freedom and Neurobiology (lecture collection; 2004)