John Horton Conway
John Horton Conway, nado en Liverpool o 26 de decembro de 1937 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 11 de abril de 2020,[1][2] foi un matemático británico, especialista na teoría de grupos[3] (teoría de grupos finitos), na teoría de nós, na teoría de números,[4] na teoría de xogos e na teoría de códigos. Tamén fixo contribucións en moitas ramas das matemáticas recreativas, sobre todo coa invención do autómata celular chamado xogo da vida.
Traxectoria
editarConway naceu en 1937 en Liverpool, fillo de Cyril Horton Conway e Agnes Boyce.[5] Interesouse nas matemáticas dende moi novo. Aos once anos a súa ambición era converterse en matemático.[6][7] Tras deixar o sixth form, estudou matemáticas no Gonville and Caius College, Cambridge.[5] "Adolescente terriblemente introvertido" na escola, tomou a súa admisión en Cambridge como unha oportunidade para volverse extravertido, un cambio que lle valeu o alcume do "matemático máis carismático do mundo".[8][9]
Conway recibiu o título de Bachelor of Arts en 1959, e supervisado por Harold Davenport, comezou a investigar en teoría de números. Tras solucionar o problema aberto proposto por Davenport sobre escritura de números como sumas de potencias quintas, Conway comezou a interesarse nos ordinais infinitos.[7] Parece que o seu interese nos xogos comezou durante os seus anos de estudo no Cambridge Mathematical Tripos, onde se tornou nun ávido xogador de backgammon. Recibiu o doutoramento en 1964 e foi nomeado College Fellow and Lecturer in Mathematics no Sidney Sussex College, Cambridge.[10] Tras deixar Cambridge en 1986, aceptou a cátedra John von Neumann de matemáticas na Universidade de Princeton.[10]
Entre os matemáticos afeccionados, foi coñecido pola súa teoría de xogos combinatorios, en particular por ser o creador edo xogo da vida, que foi presentado por Martin Gardner en 1970.[11] Tamén foi un dos inventores do xogo do drago, así como do phutball e realizou análises detalladas de moitos outros xogos e problemas, como o cubo Soma.
Inventou un novo sistema numérico, os números surreais, que se atopan estreitamente relacionados con certos xogos e foron obxecto dunha novela matemática de Donald Knuth.[12] Tamén ideou unha notación para números extremadamente longos, a notación de frecha encadeada de Conway.
Ata o seu falecemento foi profesor de matemáticas na Universidade de Princeton. En 1981 foi elixido membro da Royal Society.[13]
Faleceu aos oitenta e dous anos en Princeton o 11 de abril de 2020 a causa da COVID-19.[14][2]
Libros
editar- Conway, J. H. (1970): Regular Machines and Regular Languages
- Conway, J. H. (1976): On Numbers and Games
- Conway, J. H.; Berlekamp E. R.; Guy, R. K. (1982): Winning Ways for your Mathematical Plays (2 volumes)
- Conway, J. H.; Sloane, N.J.A. (1988): Sphere Packings, Lattices and Groups
- Conway, J. H.; Guy, R. K. (1982): The Book of Numbers
- Conway, J. H.; Smith D.A. (2003): On Quaternions and Octonions
Notas
editar- ↑ Davidson, Helen (12 de abril de 2020). "infarto live news: Britain pledges £200m to WHO as lockdowns tighten worldwide". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Natalini, Roberto. "Il matematico John Horton Conway è morto di Covid-19 all’età di 82 anni". Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ Harris (2015)
- ↑ Breakfast with John Horton Conway
- ↑ 5,0 5,1 "CONWAY, Prof. John Horton". Who's Who 2014, A & C Black, an imprint of Bloomsbury Publishing plc, 2014; online edn, Oxford University Press.
- ↑ "John Horton Conway". Dean of the Faculty, Princeton University. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2019. Consultado o 03 de novembro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 Mathematical Frontiers. Infobase Publishing. 2006. p. 38. ISBN 978-0-7910-9719-9.
- ↑ Roberts, Siobhan (23 de xullo de 2015). "John Horton Conway: the world's most charismatic mathematician". The Guardian.
- ↑ Ronan, Mark (18 de maio de 2006). Symmetry and the Monster: One of the greatest quests of mathematics. Oxford University Press, UK. pp. 163. ISBN 978-0-19-157938-7.
- ↑ 10,0 10,1 Chang, Sooyoung (2011). Academic Genealogy of Mathematicians. World Scientific. p. 205. ISBN 978-981-4282-29-1.
- ↑ Gardner, Martin (outubro de 1970). "Mathematical Games: The fantastic combinations of John Conway's new solitaire game "Life"". Scientific American 223: 120–123.
- ↑ Infinity Plus One, and Other Surreal Numbers por Polly Shulman, Discover Magazine, 1 de decembro de 1995
- ↑ "John Conway". The Royal Society. Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ "John Conway Dies From Coronavirus". 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Horton Conway |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Bibliografía
editar- Alpert, Mark (1999). Not Just Fun and Games Scientific American, abril 1999
- Conway, John e Smith, Derek A. (2003). On quaternions and Octonions : their Geometry, Arithmetic, and Symmetry Bull. Amer. Math. Soc. 2005, vol=42, issue=2, pp. 229–243, ISBN 1568811349
- Boden, Margaret (2006). Mind As Machine, Oxford University Press, 2006, p. 1271
- Case, James (2014). Martin Gardner's Mathematical Grapevine Arquivado 07 de abril de 2022 en Wayback Machine. Book Reviews of Undiluted Hocus-Pocus: The Autobiography of Martin Gardner and Martin Gardner in the Twenty-First Century, By James Case, SIAM News, 1 de abril de 2014
- du Sautoy, Marcus (2008). Symmetry, HarperCollins, p. 308
- Guy, Richard K (1983). Conway's Prime Producing Machine Mathematics Magazine, Vol. 56, No. 1 (xaneiro de 1983), pp. 26–33
- Harris, Michael (2015). Review of Genius At Play: The Curious Mind of John Horton Conway Nature, 23 de xullo de 2015
- Mulcahy, Colm (2014). The Top 10 Martin Gardner Scientific American Articles Scientific American, 21 de outubro de 2014
- Roberts, Siobhan (2015). Genius at play: The curious mind of John Horton Conway. Bloomsbury. ISBN 978-1620405932.
- Princeton University (2009). Bibliography of John H. Conway Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Mathematics Department
- Rendell, Paul (2015). Turing Machine Universality of the Game of Life Springer, xullo de 2015, ISBN 3319198416
- Seife, Charles (1994). Impressions of ConwayArquivado 09 de novembro de 2020 en Wayback Machine. The Sciences
- Schleicher, Dierk (2011), Interview with John Conway, Notices of the AMS