John Arbuthnot
John Arbuthnot, nado en Kincardineshire e bautizado o 29 de abril de 1667 e finado o 27 de febreiro de 1735, foi un médico e escritor escocés do Clan Arbuthnott.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1667 Inverbervie (Reino de Escocia) |
Morte | 27 de febreiro de 1735 (67 anos) Londres (Reino de Gran Bretaña) |
Lugar de sepultura | St James’s Church, Piccadilly (en) 51°30′31″N 0°08′12″O / 51.50867159, -0.13665618 |
Médico da Real Câmara (pt) | |
1701 – 1714 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de St Andrews (–1696) Universidade de Oxford (1694–1696) Marischal College (en) (1681–1685) |
Actividade | |
Ocupación | matemático, compositor, escritor, médico |
Partido político | Tory (pt) |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Alexander Arbuthnot |
Irmáns | George Arbuthnot |
Parentes | Catherine Ochterlony, madrasta |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarFoi fillo dun pastor episcopaliano. En 1685 graduouse en artes, e en 1691, despois da morte do seu pai, marchou a Londres. Estudou na Universidade de Oxford e licenciouse como médico na Universidade de St. Andrews, en Escocia. Por volta de 1700 publica Essay on the usefulness of mathematical learning.
En 1705 foi nomeado médico da raíña Ana. Arbuthnot foi un dos membros fundadores do Club Scriblerus xunto con Jonathan Swift e Alexander Pope. Coñécese sobre todo polo seu personaxe de John Bull (1712), consagrado despois como a representación do inglés típico.