Johann Christoph Bach (1671–1721)
Johann Christoph Bach, nado o 16 de xuño de 1671 en Erfurt (Turinxia, daquela no Sacro Imperio Romano-Xermánico e actualmente en Alemaña) e finado o 22 de febreiro de 1721 en Ohrdruf, foi un músico e compositor alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1671 ![]() Erfurt, Alemaña ![]() |
Morte | 22 de febreiro de 1721 ![]() Ohrdruf, Alemaña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | organista, cantor, compositor, músico ![]() |
Movemento | Música barroca ![]() |
Profesores | Johann Pachelbel ![]() |
Alumnos | Johann Sebastian Bach ![]() |
Instrumento | Órgano ![]() |
Familia | |
Familia | Familia Bach ![]() |
Fillos | Tobias Friedrich Bach, Johann Bernhard Bach, Johann Christoph Bach VIII, Johann Heinrich Bach, Johann Andreas Bach ![]() |
Pais | Johann Ambrosius Bach ![]() ![]() |
Irmáns | Johann Sebastian Bach Johann Jacob Bach ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo máis vello de Johann Ambrosius Bach (de quen recibiu as súas primeiras leccións de música), foi o irmán máis vello do famoso músico e compositor alemán Johann Sebastian Bach. Estodou na Escola de Latín de Eisenach entre 1681 e 1685, marchando posteriormente a Erfurt para estudar con Johann Pachelbel e posteriormente axudou ao seu tío avó Heinrich Bach en Arnstadt entre 1689 e 1690, xa que Heinrich quedara cego. A súa biblioteca para teclado inclúe obras de Pachelbel, Johann Jakob Froberger e Johann Kaspar Kerll. En 1690 converteuse en organista da Michaeliskirche de Ohrdruf, cargo que ostentou o resto da súa vida e o 23 de outubro de 1694 casou con Johanna Dorothea von der Höfe, coa que tivo oito fillos.[1] Á morte de seu pai en 1695, levou a Ohrdruf ao seu irmán Johann Sebastian, encargándose da súa manutención e educación, sendo prováblemente un dos seus profesores de música. Durante os seus últimos anos de vida alternou o seu traballo de organista co de mestre de escola. Morreu en 1721 en Ohrdruf.[1]
Familia
editarEntre os seus fillos salientan os seguintes:
Relación con J.S. Bach
editarSegundo o obituario de J.S. Bach escrito por Mizler, foi baixo a guía de Christoph como J.S. Bach "sentou as bases da súa técnica de teclado". Christoph é así e todo máis comunmente recordado por denegar ao seu irmán máis novo o acceso a un libro coas súas pezas de teclado:
O libro foi gardado nun armario asegurado só por portas de celosía. El [Sebastian] foi polo tanto capaz de alcanzar o a través da rede coas súas pequenas mans e enrollar o libro, que tan só tiña unha cuberta de papel; deste xeito foi capaz de sacalo pola noite, cando todos estaban na cama, e copialo á luz da lúa, xa que non tiña outra luz. Logo de seis meses estaba encantado de ter ese tesouro musical nas súas mans, e gardou o segredo cun celo inusual para beneficiarse del ata que, moi ao seu pesar, seu irmán descubriuno e confiscou a música coa que tivera tomado tantas molestias en copiar.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Malcolm Boyd: Bach, pp. 7–8, ISBN 0-19-514222-5
- ↑ Malcolm Boyd: Bach, p. 8 ISBN 0-19-514222-5
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Diccionario Enciclopédico de la Música Música Maestro, Editorial Rombo, 1996, ISBN 8482579323
- Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8
- Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957