Johann Christian Erxleben
Johann Christian Polycarp Erxleben, nado o 22 de xuño de 1744 en Quedlinburg, Reino de Prusia (hoxe no Land de Saxonia-Anhalt), e finado o 19 de agosto de 1777 en Gotinga, foi un naturalista alemán. As súas áreas de especialización inclúen a física, a mineraloxía, a química e a historia natural.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Johann Christian Polycarp Erxleben 22 de xuño de 1744 Quedlinburg, Alemaña |
Morte | 19 de agosto de 1777 (33 anos) Gotinga, Alemaña |
Educación | Universidade de Gotinga |
Director de tese | Abraham Gotthelf Kästner (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Veterinaria e medicina |
Ocupación | naturalista, profesor universitario, entomólogo, médico, veterinario, físico |
Empregador | Universidade de Gotinga |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Christian Ehrenfried Weigel |
Abreviatura do autor en zooloxía | Erxleben |
Familia | |
Nai | Dorothea Christiane Erxleben |
Irmáns | Johann Heinrich Christian Erxleben |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC |
Traxectoria
editarDesde 1763 a 1767 Erxleben, estudou medicina na Georg-August-Universität Göttingen (coñecida como Universidade de Gotinga). Despois de conseguir o seu doutoramento, foi profesor de física e química, así como de medicina veterinaria nesta universidade, onde desenvolvería toda a súa carreira profesional.
Está considerado como un dos fundadores da medicina veterinaria moderna, xa que fundou, en 1771, a máis antiga institución académica neste campo en Alemaña, o Tierärztliches Institut (Instituto Veterinario).[1]
Desde 1774 Erxleben foi membro da Sozietät der Wissenschaften zu Göttingen (Sociedade de Ciencias de Gotinga), hoxe Akademie der Wissenschaften zu Göttingen (Academia de Ciencias de Gotinga).[2]
A súa nai, Dorothea Christiane Erxleben, foi a primeira muller en obter un doutoramento en medicina en Alemaña.[3]
Publicacións principais
editarOs seus traballos científicos inclúen, entre outros:
- Dijudicationem Systematum Animalium (1767).
- Anfangsgründe der Naturlehre (1768).[4]
- Betrachtungen der Ursachen der Unvollständigkeit der Mineralsysteme (1768).
- Anfangsgründe der Chemie (1775).[5]
- Einleitung in die Vieharzneykunst (1769).
- Betrachtung über das Studium der Vieharzneykunst (1769).
- Geschichte meiner Beschäftigung mit der Vieharzneykunst (1798).
Abreviatura
editarA abreviatura Erxleben emprégase para recoñecer a Johann Christian Erxleben como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ "Universität Göttingen: Geschichte des Tierärztlichen Instituts". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2017. Consultado o 05 de febreiro de 2018.
- ↑ Holger Krahnke: Die Mitglieder der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen 1751–2001 (= Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen, Philologisch-Historische Klasse. Folge 3, Bd. 246 = Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften in Göttingen, Mathematisch-Physikalische Klasse. Folge 3, Bd. 50). Vandenhoeck & Ruprecht, Göttingen, 2001, ISBN 3-525-82516-1.
- ↑ Schiebinger, Londa (1990): "The Anatomy of Difference: Race and Sex in Eighteenth-Century Science", en Eighteenth Century Studies 23 (3): 387-405.
- ↑ Anfangsgründe der Naturlehre
- ↑ Anfangsgründe der Chemie
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann Christian Erxleben |
Bibliografía
editar- Beaucamp, Gerta (1994): Johann Christian Polycarp Erxleben. Versuch einer Biographie und Bibliographie. Göttingen: Wallstein Verlag. ISBN 978-3-8924-4085-7.
- Brenig, Bertram (2000): Johann Christian Polycarp Erxleben (1744-1777) - Universalgelehrter, Naturforscher und Tierarzt. Georgia-Augusta
- Kästner. Abraham Gotthelf (1778): "Elogium Jo. Christiani Polycarpi Erxleben". En: Novi commentarii Societatis Regiae Scientiarum Gottingensis.
- Lichtenberg, Georg Christoph (2005): Vorlesungen zur Naturlehre. Göttingen: Akademie der Wissenschaften zu Göttingen. Wallstein Verlag.
Ligazóns externas
editar- Bibliografía de e sobre Erxleben no catálogo da Biblioteca Nacional de Alemaña.